Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A POLICÍA LOCAL RECOMENDA UTILIZAR VIAIS ALTERNATIVOS Á AUTOVÍA O LUNS COINCIDINDO COAS MOBILIZACIÓNS DOS TRANSPORTISTAS DO CARBÓN
A POLICÍA LOCAL RECOMENDA UTILIZAR VIAIS ALTERNATIVOS Á AUTOVÍA O LUNS COINCIDINDO COAS MOBILIZACIÓNS DOS TRANSPORTISTAS DO CARBÓN
Os camioneiros sairán o luns ás 8.00 horas das Pontes cara ao porto de Ferrol e está prevista a chegada á zona do polígono de Río do Pozo sobre as 10.00 horas
Narón, 6 de xullo de 2019. Dende a Concellería de Seguridade Cidadá de Narón, dirixida polo edil Román Romero, informouse aos condutores que vaian a utilizar a autovía o vindeiro luns, día 8, que poden atopar retencións no tráfico rodado debido á concentración de camións que partirá ese mesmo día ás 8.00 horas dende As Pontes cara ao porto de Ferrol. Á altura do polígono de Río do Pozo pode haber retencións na circulación rodada sobre as 10.00 horas, ao paso do colectivo de camioneiros que posteriormente irán dende Ferrol ata Santiago de Compostela e, a continuación, ata Vigo e Ourense para rematar a mobilización en Lugo. O martes día 9 a protesta trasladarase a Madrid, con saída dende Lugo pola A-6 para estar ante os Novos Ministerios –sede do Ministerio de Fomento- sobre as 12.00 horas. Dende a Policía Local de Narón recoméndase aos condutores evitar na medida do posible circular pola autovía o luns, coincidindo co horario da concentración de camioneiros, para evitar as posibles retencións.
Os camioneiros afrontan dous días de mobilizacións en sinal de protesta polos dous meses de inactividade, sen realizar viaxes para transportar carbón dende Ferrol ata a central térmica de As Pontes, coa incertidume que a situación xenera de cara ao seu futuro laboral.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal