Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A VICEDECANA DA FACULTADE DE HUMANIDADES VISITOU O ARQUIVO MUNICIPAL
Carmen Pérez Pais acudiu acompañada de Pedro López Gómez, profesor titular especialista en Arquivística
A Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González, e o responsable do Arquivo Municipal, Andrés Pena, recibiron á Vicedecana da Facultade de Humanidades, Carmen Pérez Pais, e ao profesor titular da mesma facultade, Pedro López Gómez, especialista en Arquivística, nunha visita motivada polo fin das obras de compactación do arquivo municipal. A actuación consistiu na instalación dun sistema de armarios móbiles a través de raíl, que permitirá contar con 1.500 metros lineais de baldas por cada 100 metros cadrados, solucionando de xeito instantáneo o problema de espazo do arquivo municipal, e garantindo o crecemento do mesmo durante os vindeiros anos. Esta actuación se completará no futuro coa colocación dun novo sistema de iluminación e a creación dunha zona de consulta de expedientes e documentación. Paloma Cuevas informou ós profesores das actividades que se están a desenvolver no Concello en relación á documentación, como o proxecto de conformación do arquivo histórico de fotografías na páxina web www.arquinaron.es, a integración da faceta histórica nas charlas de educación viaria ou o próximo proxecto de dixitalización que ten previsto implantar no Concello ao longo do vindeiro ano 2009. A Edila popular trasladoulles tamén a necesidade de persoal para encarar esta dixitalización e as numerosas tarefas que estanse a levar a cabo no arquivo. Carmen Pérez Pais e Pedro López Gómez valoraron o esforzo do Concello e felicitárono por estarse a converter no exemplo a seguir por outros concellos da Comarca na adaptación á modernidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal