Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ÚLTIMOS DÍAS PARA ADQUIRIR OS TICKETS DA FESTA GASTRONÓMICA DA ALTEADA
ÚLTIMOS DÍAS PARA ADQUIRIR OS TICKETS DA FESTA GASTRONÓMICA DA ALTEADA
O Concello e a Asociación de Veciños Altea organizan a cita, que terá lugar o 14 de xullo no paseo marítimo de Xuvia
Narón, 10 de xullo de 2019. As persoas que esta fin de semana, o domingo día 14, queiran asistir á festa gastronómica da Alteada, organizada polo Concello e a AVV Altea, deben adquirir previamente os tickets para poder degustar o menú que se servirá ao mediodía baixo unha gran carpa. Na convocatoria, que coincide coa terceira edición da Festa da Ameixa Rubia, servirase ameixa rubia á mariñeira, churrasco, sobremesa e bebidas a prezos populares, se ben os menores de 12 anos poderán asistir de balde, tal e como indicaron dende a entidade veciñal. Os tickets continúan á venda na cafetería do local social da entidade, en Xuvia, donde se poden adquirir –ata completar o aforo, que é limitado- de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00.
Esta cita gastronómica terá, como cada ano, un apartado festivo, que dará comezo sobre as 13.00 horas con un pasarrúas a cargo do grupo Os Carunchos polas rúas do barrio e unha actuación posterior na zona da carpa. Tamén haberá trala comida un baile e unha festa infantil a partir das 16.00, podendo desfrutar os asistentes con xogos tradicionais. Ás 18.00 horas dará comezo unha festa da espuma.
Dende o Concello de Narón animan á veciñanza a sumarse a este evento gastronómico e festivo que terá lugar no entorno do paseo marítimo de Xuvia e no que cada ano participan máis dun centenar de persoas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal