Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A POLICÍA LOCAL ORGANIZA UNHA NOVA SEMANA DE EDUCACIÓN VIARIA INFANTIL
A POLICÍA LOCAL ORGANIZA UNHA NOVA SEMANA DE EDUCACIÓN VIARIA INFANTIL
As actividades terán lugar ata o día 18 de decembro no Centro Comercial de Narón
A Policía Local de Narón organiza unha nova Semana de Educación Viaria Infantil, dirixida a todos os nenos de 3 a 5 anos dos dez centros educativos do Concello de Narón: A Solaina, Ayala, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, A Gándara, Piñeiros, CRA, Jorge Juan, Ponte de Xubia e Feal. Un total de 813 nenos participarán nas actividades que se desenrolarán no Centro Comercial de Narón ata o día 18 de decembro.

Consistirán na realización dun circuíto global de educación viaria con distintas estacións polas que pasarán os rapaces. A primeira será un circuíto no que coñecerán as distintas sinais e como circular respectándoas. A segunda consistirá nunha carreira de relevos con correpasillos nun circuíto previamente marcado no chan. A terceira, un xogo interactivo para os nenos e nenas, que nunha pantalla táctil permitiralles actuar como pións, condutores, viaxeiros de bus, etc, e indicaralles os erros que cometan.

A actividade durará unha hora para cada grupo de nenos, que virán en orde correlativa, tanto en horario de mañá como de tarde, xa que hai colexios que teñen tamén clases de tarde.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal