Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS ESCOLARES QUE PARTICIPARON NOS CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS O PASADO CURSO PERCORRERON EN CONXUNTO ALGO MÁIS DE 26.500 QUILÓMETROS
OS ESCOLARES QUE PARTICIPARON NOS CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS O PASADO CURSO PERCORRERON EN CONXUNTO ALGO MÁIS DE 26.500 QUILÓMETROS
Uns novecentos nenos e nenas de catro colexios de Narón acudiron a pé, en bicicleta ou en patinete ao seu centro educativo e recibiron "Pegadas" que poden canxear por agasallos ata o 15 de xullo
Narón, 13 de xullo de 2019. Os escolares dos catro colexios da cidade que participaron durante o curso 2019-2020 no programa municipal Camiños Escolares Seguros percorreron, en conxunto, 26.505 quilómetros dende os seus domicilios ata os colexios. Esta distancia global percorrérona a pé, en bicicleta ou en patinete, tal e como require esta iniciativa, e obtendo a cambio unha “Pegada” por alumno ou alumna en cada control nos puntos establecidos no acceso ao centro e que poderán canxear ata o vindeiro luns por agasallos. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, valorou positivamente os datos do balance do programa co que, subliñou, “se están superando todas as expectativas grazas á excelente acollida que tivo dende a súa implantación na cidade”.
Ferreiro avanzou que a intención do goberno local é continuar coa habilitación de novas rutas de Camiños Escolares Seguros nos colexios naroneses nos que aínda non están operativos. “A través deste programa fomentamos a práctica de exercicio físico entre os nenos e nenas, a súa autonomía persoal e, ao mesmo tempo, contribuímos a reducir as emisións de CO2 á atmósfera, tendo en conta as viaxes en coche que se evitan para o traslado dos menores aos colexios”, explicou. En referencia a este último apartado, e según os datos recabados dende o Concello, atendendo a unha estimación dun percorrido medio de 400 metros dende os domicilios particulares ata os colexios, emitíronse á atmósfera 2.703 quilos menos de CO2, atendendo a unha estimación de 102 gramos de CO2 por quilómetro e a un traslado de un menor por cada vehículo de media.
En total, no curso 2019-2020 o alumnado que participou nos Camiños Escolares Seguros acadou conxuntamente 66.264 puntos, dos que na actualidade se canxearon nos establecementos locais adheridos a esta iniciativa –uns oitenta- 30.907 puntos. A través deste canxe os nenos e nenas elixiron un total de 488 agasallos dos citados catálogos, que se poden consultar a través da páxina: pegadas.naron.es ou da APP Pegadas Narón. A alcaldesa incidiu en que o luns día 15 será o último día para poder canxear os agasallos e animou ás familias a realizar os trámites pertinentes porque de cara ao vindeiro curso o contador de “Pegadas” ponse cada ano a cero, co que perderán a posibilidade de obter os agasallos cos que se premia esta iniciativa. Os pais e nais deben imprimir o cupón que poden descargar da web ou da APP, amosalo a través do móbil para validalo nos establecementos locais adheridos a este programa ou na oficina de Educación Viaria do Concello (na planta de acceso ao Concello, de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas).
Un total de 859 alumnas e alumnos dos colexios de Piñeros, Ponte de Xuvia, Jorge Juan e A Solaina participaron durante o curso que rematou o pasado xuño no programa Camiños Escolares Seguros. “A cada un deles, así como ás súas familias, quero agradecelles a súa implicación neste programa, que continúa medrando grazas a todas e todos eles e tamén á colaboración prestada dende os establecementos locais que se adheriron”, subliñou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal