Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ EN SETEMBRO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE IMAXES AO "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
O CONCELLO ABRIRÁ EN SETEMBRO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE IMAXES AO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, animou ás persoas interesadas en participar no certame a fotografiar actos que se desenvolven durante o verán para sacar algunas imaxes
Narón, 15 de xullo de 2019. O Concello de Narón repartirá un ano máis 1.200 euros en premios no Concurso de Fotografía Cidade de Narón. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recordou que o prazo de presentación das imaxes permanecerá aberto no Rexistro do Concello do 16 ao 27 de setembro –ambos incluídos- e animou ás persoas interesadas en participar a aproveitar estas datas de verán para poder sacar algunhas fotografías de eventos culturais, deportivos, paisaxes… da cidade para presentalas ao certame. As bases da convocatoria poden consultarse a través da páxina web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-X-Concurso-Fotografía.pdf.
Nas citadas bases especifícase que nas fotografías debe amosarse a riqueza de Narón en diferentes ámbitos: humano e social (deportes, industria, festas populares, veciñanza…), espazos naturais de interese, culturais, de lecer, patrimonio, etc., e é de obrigado cumprimento o feito de que o lugar ou o entorno que apareza na imaxe sexa de Narón e así se recoñeza. Un xurado especializado valorará o impacto visual da fotografía, a calidade técnico artística e a creatividade (con ata dez puntos cada apartado).
O autor ou autora da fotografía con maior puntuación recibirá un premio de 750 euros, mentres que a segunda e a terceira se premiarán con 300 e 150 euros, respectivamente. Hermida recordou que as doce mellor puntuadas ilustrarán o calendario de sobremesa do Concello do ano 2020. “Cada ano máis xente de Narón e doutros concellos anímase a participar no Concurso de Fotografía Cidade de Narón e estes meses de verán ofrecen maiores posibilidades, en determinadas áreas como eventos, para sacar esas imaxes coas que poder optar aos premios que se repartirán”, apuntou Hermida.
Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión: 1517) ou escribir ao enderezo electrónico: a.fernandez@naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal