Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS ESPECTÁCULOS DE PACO NOGUEIRAS E FRED MARTINS PECHARÁN O VINDEIRO DOMINGO O PROGRAMA MUNICIPAL "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
OS ESPECTÁCULOS DE PACO NOGUEIRAS E FRED MARTINS PECHARÁN O VINDEIRO DOMINGO O PROGRAMA MUNICIPAL
As actuacións terán lugar no parque da rúa Mariña Española a partir das 12.30 horas
Narón, 18 de xullo de 2019. O vindeiro domingo, día 21, rematarán os espectáculos do programa municipal "Verde que te quero verde". As actuacións de Paco Nogueiras e Fred Martins pecharán este ciclo desenvolvido en espazos públicos da cidade, coas últimas actuacións deste ano no parque da rúa Mariña Española, en Santa Icía, a partir das 12.30 horas.
A primeira actuación do domingo correrá a cargo de Paco Nogueiras, que presentará en Narón un novo espectáculo, Radio Bulebule, baseado nun libro-CD-DVD co mesmo nome e no que se combinan cancións e interpretacións con divertidos rexistros. Radio Bulebule é unha radio itinerante, a emisora que máis lle gusta ao público, na que todo o universo é música. Paco Nogueiras protagonizará un divertido programa en directo cargado de humor, baile e cancións no que se tratarán temas deportivos, culturais, a axenda e mesmo haberá un espazo para os servizos informativos.
Unha vez rematado o espectáculo de Paco Nogueiras, sobre as 13.00 horas, será o turno do cantor e compositor Fred Martins, que ofrecerá en Narón un repertorio moi vencellado á tradición musical do artesanato da canción do Brasil. No seu concerto en Narón Fred Martins ofrecerá unha panorámica do seu traballo autoral, na que combinará algunhas novidades con composicións cantadas por outros recoñecidos artistas.
O programa iniciouse o pasado 30 de xuño na Praza Irmáns Freire, de Xuvia, donde se puideron ver as actuacións de Charo Pita e A Banda do Garaxe. O domingo 7 de xullo continuou desenvolvéndose esta proposta cultural no parque da rúa 25 de Xullo, no Alto, con Pablo Díaz e Le Barluthier, e o pasado domingo, día 14, no parque da rúa Francisco Pizarro, con Pulpiño Viascón e Broken Peach. Os encontros musicais de Verde que te quero verde diríxense a todo tipo de públicos e teñen entre os seus obxectivos ofrecer aos espectadores espazos de lecer nos que poder socializar cunha serie de concertos de balde impulsados a través do Padroado da Cultura.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal