Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE ORGANIZA A KEDADA "ECHE O K HAI"
Terá lugar o vindeiro venres 19, no I.E.S. As Telleiras, en horario de 11:00 a 14:00 horas
A Concellería de Mocidade do Concello de Narón está a desenrolar unha serie de estratexias de estímulo á mocidade, levando a cabo actividades en común a partir do contacto entre xoves, compartindo as súas ideas e intereses. Unha delas é a kedada que organizará o vindeiro venres 19 no I.E.S. As Telleiras de 11 a 14 horas, baixo o nome “Éche o k hai”. Trátase dun encontro interasociativo dirixido a mozos e mozas de 12 a 18 anos, para realizar nun espazo común diversas actividades de ocupación creativa. Na kedada haberá laboratorios de música en vivo coas actuacións dos grupos“Obelisk” e “Sabor del Sur”, compostos por xente moza da Escola de Música Moderna, un obradoiro de técnicas de ligue impartido por membros do centro “Quérote” e un circuíto de xogos populares no patio cuberto do instituto. Os principais obxectivos deste encontro son promover o intercambio de ideas e actividades entre os xoves, socializar e transversalizar con outras xeracións as súas actividades, consolidar espazos públicos de encontro cíclico para favorecer os encontros menos formais, recuperar o xogo comunitario e de elementos tradicionais mediante o coñecemento do xogo popular polos máis novos, e dar a coñecer o centro “Quérote” entre a poboación máis nova do Concello e os seus servizos de asesoramento en educación afectivo-sexual. Coincidindo coa kedada, a partir do 15 de decembro e ata o 30 de xaneiro permanece exposta no vestíbulo do I.E.S As Telleiras a exposición de graffitis “Enlomos” realizados por xente nova no encontro local que tivo lugar o pasado mes de xuño.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal