Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA CONVOCA UNHA XUNTANZA COS AFECTADOS POLO PECHE DA ESCOLA UNITARIA DE PEDROSO
Marián Ferreiro denunciou a actitude da Xunta e o incumprimento do compromiso de reabrir a escola a pesares de rexistrar o número mínimo de solicitudes que se requiren para manter operativos estes centros do rural
Narón, 30 de xullo de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, convocou unha xuntanza para mañá pola tarde co obxectivo de abordar a situación da escola rural de Pedroso. Na xornada de onte o Diario Oficial de Galicia publicaba a Orde de modificación das unidades e postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación en educación Infantil, Primaria e Especial. No citado documento non se alude ao CRA de Narón, no que se integra a citada escola rural de Pedroso, polo que ao non dotalo de persoal docente, todo indica –e a falta dunha confirmación oficial por parte da Xunta- que Educación non reabrirá o centro no vindeiro curso 2019-2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asegurou que “o que está facendo a Consellería de Educación co concello de Narón e coas súas veciñas e veciños é unha falta de respecto, ao non recibir aos representantes do goberno local, non atender as demandas das familias e nin sequera cumprir os compromisos adquiridos con elas ou pronunciarse sobre as súas intencións coa escola de Pedroso”. A rexedora local avanzou que, ante esta situación, “dende o Concello continuaremos á espera de que a Valedora do Pobo, a quen nos diriximos hai unhas semanas, se pronuncie sobre o caso de Pedroso, un centro donde se cumpre o requisito mínimo de seis menores que solicitaron praza e que é o que se esixe noutros similares, se ben no caso de Narón a Xunta quere manter pechada esta escola”. Á espera desa resposta, a alcaldesa convocou ás familias afectadas pola situación a unha xuntanza que se celebrará mañá mércores pola tarde –ás 18.00 horas- no Concello, á que tamén se convidou aos portavoces dos grupos municipais, co fin de analizar os feitos e de manter o respaldo ás xustas reivindicacións das nais e pais que queren escolarizar aos seus fillos e fillas na unitaria de Pedroso. A maiores dos actos reivindicativos celebrados no patio da escola dende o pasado mes de xuño –con periodicidade semanal- esixindo a reapertura, dende o Concello, as familias e a ANPA do CRA tamén se recolleron sinaturas encamiñadas a manter operativa esta escola do rural naronés. O pasado 5 de xuño a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, acompañou a dúas nais afectadas polo peche ao edificio administrativo da Xunta en Ferrol para remitir á Consellería de Educación as 1.629 sinaturas reclamando a reapertura da unitaria de Pedroso. Unha copia das mesmas entregáronlla ese mesmo día as nais afectadas á conselleira de Educación, Carmen Pomar, nun acto celebrado no concello de Coristanco, no que publicamente defendeu o papel destas escolas como dinamizadoras do mundo rural. Ferreiro denunciou o incumprimento da administración autonómica, recordando que “o propio xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, comprometeuse ante a Federación de Anpas e familias afectadas tralo peche da escola de Pedroso a reabrir o centro se se rexistraban as solicitudes mínimas esixidas, seis, un compromiso que á vista da situación non se vai cumprir”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal