Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
REMATAN OS CURSOS DE INFORMÁTICA NO RURAL CUN ÉXITO ROTUNDO
REMATAN OS CURSOS DE INFORMÁTICA NO RURAL CUN ÉXITO ROTUNDO
Paloma González fixo entrega dos diplomas ós alumnos nun acto na Biblioteca Municipal do Alto
A Concelleira de Formación, Emprego e Novas Tecnoloxías, Paloma González, acompañada polo Xefe de Servizo, fixo entrega dos diplomas ós alumnos dos cursos de informática impartidos nas zonas urbana e rural ó longo do 2008. Foron máis de 150 alumnos os que pasaron polas aulas de formación, locais sociais no caso do rural, repartidos en 7 cursos de iniciación e perfeccionamento: Iniciación a Informática, Iniciación a Internet e Correo Electrónico, Perfeccionamento de Internet e Correo Electrónico, Microsoft Word, Iniciación a Excel, e xa no rural, Primeiros pasos co ordenador e Perfeccionamento no uso de ordenadores.

Paloma González afirmou que estes cursos naceron da necesidade latente que percibiu nas reunións con asociacións e cos veciños de acceder a unhas novas tecnoloxías descoñecidas e con grandes problemas para chegar á comunidade no caso da zona rural. Os cursos tiñan como principal obxectivo o de perder o medo ós ordenadores e coñecer todas as utilidades que a informática e o internet poden aportar á vida diaria. A Edila considera que as expectativas “non só se cumpriron, senón que se superaron”, o que se reflexa no éxito dos cursos de iniciación de 10 horas e na crecente demanda por continuar no ciclo de perfeccionamento, con 20 horas máis. Debido a esta demanda que aínda non cesou, a Concelleira anunciou que haberá unha partida nos presupostos municipais do 2009 para crear un módulo xeral de 80 horas, que cubra todas as necesidades formativas dos veciños interesados.

Cómpre recordar que ó longo do 2009 implantarase no Concello a administración dixital, e que estes cursos serán unha base fundamental para que os veciños poidan facer uso dela si así o desexan. Asemade, a Concellería de Formación agarda impartir a finais do vindeiro ano cursos específicos deste tipo de administración baseada nas novas tecnoloxías.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal