Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A PROGRAMACIÓN DO "GULLIVER FEST" ORGANIZADO POLO CONCELLO EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN FURGOGALICIA COMEZARÁ MAÑÁ POLA NOITE EN PEDROSO
A PROGRAMACIÓN DO
Música, viaxes, literatura e natureza conxugaranse neste festival da cultura viaxeira
Narón, 1 de agosto de 2019. A área recreativa de Pedroso acollerá esta fin de semana o festival da cultura viaxeira "Gulliver Fest". Durante tres días, do 2 ao 4 de agosto, a área recreativa acollerá multitude de propostas dirixidas a todo tipo de públicos entre as que se inclúen concertos, sesións de Pechakucha e concertos infantís. O Concello organiza a primeira edición deste evento festivo en colaboración coa asociación FurgoGalicia. Unhas 130 persoas pernoctarán na zona “camper” habilitada para este festival, se ben a programación –pode consultarse a través da web: www.gulliverfest.es- está aberta á cidadanía en xeral.
A música, as viaxes, a natureza e os libros son as áreas nas que se centrará este festival, pioneiro en Galicia tal e como está deseñado o programa e que se desenvolverá dende mañá pola noite, coa apertura ás 18.00 horas e os concertos a partir das 22.00 horas dos grupos “Cachas&Cousins”, “La Chata Soul” e “The Skarnivals”. Na xornada do sábado pola mañá haberá clases de ioga -10.00-; o concerto infantil “De aquí para alá”, de “Lydia Botana” -12.00- e unha sesión vermú -13.00- con “Maina Materia”. Así mesmo, o sábado pola tarde os asistentes ao "Gulliver Fest" poderán participar en varios xogos populares –a partir das 16.00- en un obradoiro de creación de chapas -16.30- para, a continuación -17.30 horas- escoitar as charlas viaxeiras que contarán en primeira persoa participantes neste festival, que previamente se inscribiron para esta actividade. Estas sesións de Pechakucha, dunha duración de seis minutos e corenta segundos, permitirán aos asistentes escoitar unha decena de experiencias viaxeiras e a partir das 19.00 horas escoitar a de Jorge Sierra, un mozo da Coruña que realizou unha viaxe polo mundo nun Citroen 2CV. Experiencias de vida nalgúns casos e aventuras noutros –a familia SuperTrump e David Val tamén relatarán as súas vivencias¬- que inspirarán a outros “gullivers” neste evento. A música regresará de novo o sábado pola noite ao festival, a partir das 22.00 horas, da man dos grupos “Natural Green”, “The Lákazans” e “Muyayo Rif”.
O apartado literario cobrará tamén protagonismo neste festival, ao habilitar un espazo da Biblioteca municipal o sábado en Pedroso no que se poderán ver publicacións relacionadas coas viaxes.
O último día do "Gulliver Fest" será o domingo, día no que se valorará esta edición do evento, que pechará cunha sesión vermú -13.00 horas- con “Escape Room”.
Dende a organización convidaron ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a achegarse esta fin de semana a Pedroso para desfrutar deste festival da cultura viaxeira e participar nas actividades deseñadas para esta primeira edición.
A celebración do evento implicará algunhas restricións no tráfico rodado nesa zona de Pedroso, donde se habilitarán espazos para estacionamento de vehículos que, ao igual que as zonas de tránsito reservadas para peatóns, estarán debidamente indicadas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal