Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS
Marián Ferreiro comprometeu o apoio do goberno local a iniciativas vencelladas ao emprendemento en particular e ao sector empresarial en xeral
Narón, 1 de agosto de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá no Concello un convenio de colaboración con Luis González, en representación da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal (AJE). A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, estivo tamén presente na convocatoria, na que se asinou o documento no que figura unha achega económica do Concello á entidade por importe de 5.000 euros. A alcaldesa recordou que o Consistorio naronés desenvolve desde hai anos programas de respaldo ao autoemprego, no marco das competencias da citada administración, e destacou a importancia de manter o compromiso de colaboración con AJE para continuar traballando nesta área. Entre os proxectos máis recientes realizados con esta asociación está o Minimarket 2019, no que participaron tres centros educativos do municipio (o IES Terra de Trasancos, o CPR Ayala e o CPR Jorge Juan) e a través do que se levaron a cabo varios obradoiros de marketing, creatividade, experiencias emprendedoras… O presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal valorou a colaboración do Concello de Narón ao remate do acto. Así mesmo a alcaldesa destacou o traballo que realiza a entidade na cidade e comarca e comprometeu o respaldo do goberno local a iniciativas encamiñadas a apoiar o emprendemento en particular e o sector empresarial en xeral.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal