Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
Á VENDA OS TICKETS PARA A "IX FESTA GASTRONÓMICA DO PORCO AO ESPETO" QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO SÁBADO EN PEDROSO
Á VENDA OS TICKETS PARA A
A concelleira de Festas, Natalia Hermida, e Flor Felgar e Eduardo Muñoz, en representación da Sociedade Cultural "A Pombiña", de Pedroso, presentaron esta mañá o evento
Narón, 12 de agosto de 2019. O Concello de Narón e a Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso, organizan a novena edición da festa gastronómica do Porco ao espeto. A cita será o vindeiro 17 de agosto baixo unha carpa que se instalará na pista polideportiva de Pedroso e dará comezo ás 22.00 horas, tal e como anunciou a concelleira de Festas, Natalia Hermida, que presentou o evento xunto con Flor Felgar e Eduardo Muñoz, presidenta e secretario, respectivamente da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña” de Pedroso.
Os comensais poderán cear porco ao espeto ou churrasco, acompañado por pan e patacas, bebidas, café e queimada, por un prezo de 18 euros para os socios de “A Pombiña”; 20 euros para as persoas que non son socias e 9 euros para nenos e nenas de entre 8 e 12 anos e os menores desa idade poderán asistir de balde. Os tickets poden adquirirse no local social de "A Pombiña" ata esgotar os existentes, ao tratarse de aforo limitado.
Ás 8.00 horas comezarán a cocinarse en Pedroso dous porcos ao espeto, duns oitenta quilos cada un, para que estean listos á hora da cea e o churrasco farase pola tarde.
A xornada estará amenizada con música en directo, a cargo de Raúl Armada e dende a organización convidaron á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita gastronómica e festiva, xa consolidada na parroquia de Pedroso.
A concelleira de Festas, Natalia Hermida, agradeceu dende o concello “a labor das veciñas e veciños que participan na elaboración e organización deste evento gastronómico”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal