Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PLENO APROBA AS ALEGACIÓNS Ó PLAN SECTORIAL DE VIVENDA DA XUNTA
Presentadas na Comisión de Urbanismo do pasado día 15, recibiron o ditame favorable de TEGA, PP e PSdeG-PSOE
O Pleno Extraordinario celebrado onte veu marcado pola aprobación das alegacións que presentará o Concello de Narón ao Plan Sectorial de Vivenda da Xunta de Galicia, e que se unirán ás alegacións particulares dos máis de 130 veciños que xa as presentaron no Rexistro municipal. As alegacións foron elevadas a Pleno pola Alcaldía á vista dos informes obrantes no expediente e visto o ditame favorable de TEGA, PP e PSdeG-PSOE na Comisión informativa de urbanismo, obras e servizos do 15 de decembro de 2008.

O fin destas alegacións é o de procurar alcanzar os obxectivos do plan sectorial cunha actuación que, mantendo os criterios xerais e ambientais do proxecto, se localice nun ámbito que se considera mais axeitado ao desenvolvemento urbanístico de Narón, e á evolución do crecemento dun solo urbano mais integrado nunha malla urbana e con maior nivel de centralidade e de infraestruturas, para o que se propón como ámbito alternativo para a execución da actuación, o solo urbanizable R-2 recollido no PXOM de Narón, na zona de Freixeiro. O Concello quere tamén recordarlle á Xunta que esta parcela que propón conta con terreos nos que se asenta un dos campamentos xitanos mais importantes de toda a comarca. A efectiva execución da actuación proposta suporía a maior contribución á erradicación do chabolismo na zona.

Nas alegacións tamén se contempla o tempo de execución do Plan. O feito de que a actuación sectorial se proxecte en dous quinquenios, ao 50% en cada un deles, non concorda para o Concello coa súa proxección e cos índices de crecemento que presenta. É por iso, que se alega a potencialidade do Concello de Narón, polo seu nivel de crecemento demográfico (e o noveno concello de Galicia en poboación), urbanístico, e pola concorrencia de factores sociais e económicos, para que a actuación sectorial prevista no proxecto do plan se realice totalmente nun único quinquenio sobre o solo urbanizable R-2, que xa non precisa o proceso de adaptación que si debe sufrir a parcela elixida pola xunta, calificada como solo rústico apto para urbanizar na súa maior parte, pero que tamén comprende, uns terreos clasificados como solo urbano consolidado e unha zona de solo rústico de protección especial de cauces.

Esta delimitación do ámbito provoca desta forma, unha afección importante á estrutura e conformación de solos e núcleos rurais, e a un solo protexido, cuxa afectación produce unha vulneración directa do disposto no Artigo 23.7 da Lei 10/1995 de ordenación do territorio de Galicia. Ademais, a execución proposta pola Consellería de Galicia conlevará unha importante carga indemnizatoria polo número de edificacións residenciais existentes que resultan incluídas naquel ámbito ou pola perda de actividade comercial nalgunha delas, podéndose consecuentemente deducir unha firme oposición dos afectados á actuación prevista. Engádese ao anterior que a proximidade do mar, fai susceptible de incluír estes terreos dentro da aplicación do futuro Plan de Ordenación do Litoral, por disposición da D.O.T. 6.1.

Outro punto alegado polo Concello é que non parece defendible que as futuras edificacións que se levanten a escasos metros da vía do ferrocarril poidan cumprir cos parámetros de sostenibilidade, aínda que pretendan mitigarse cunha pequena masa arbórea intermedia. Resulta evidente que o terreo resulta cortado, fraccionado e separado na futura utilización das zonas públicas que resulten, pola vía férrea. Producirase unha diminución notoria no disfrute público das mesmas e un efecto ambiental negativo na calidade e benestar das edificacións. Así pois, a ordenación proposta no Plan sectorial acumula a edificabilidade entre a vía do tren e a Estrada de Castela coas súas correspondentes incorporacións o que sen dúbida provocaría unha maior carga de tránsito vehicular sobre a devandita travesía urbana, xa de por si saturada a día de hoxe.

En resumen, o Concello pretende con este escrito remitido á Xunta que se teña por evacuado o trámite de información pública pola súa parte e por formuladas as alegacións ao proxecto de plan sectorial e ao informe de sostenibilidade ambiental expostos ao público, recollidas nesta proposta, manifestando a oposición da corporación á localización da actuación sobre o solo seleccionado no plan sectorial e propoñendo a estimación como localización alternativa o solo urbanizable R-2 previsto no actual planeamento cos axustes que procedan e a execución da actuación nun único quinquenio.

Para o Edil de Urbanismo, José Manual Blanco, as alegacións do Concello parécenlle máis que claras, e matizou que aínda que haxa desacordos en cuestións xurídicas, técnicas, ambientais e, sobre todo, de ubicación, todos os grupos partidos perseguen o mesmo, que se invistan en Narón os cartos necesarios para conseguir solo urbano e construción de vivendas. O Alcalde, Xoán Gato, manifestou a mesma intención de que o diñeiro do Plan non desapareza sen investirse en Narón, e considera que a oposición ó Plan Sectorial non é visceral nin caprichosa. Pola súa parte, a voceira do PP, Ángeles Díaz, considera que o Plan baséase nun estudo raquítico da zona e recordou que trátase dun plan para conquerir solo urbano, e non para construír vivenda, o que sempre acabará recaendo en empresas particulares. Un solo urbano que xa existe en Narón, polo que o PP considera que tal e como está feito e pranteado, o Plan Sectorial non é necesario.


No Pleno tamén tivo tempo de intervención a Asociación de Afectados polo Plan Sectorial de O Ponto. Antonio López Rodríguez tomou a palabra como voceiro da mesma e expresou a crítica e a repulsa dos veciños ao Plan da Xunta. Recordou os danos morais e psíquicos que o tema está a producir nuns veciños cunha media de idade de setenta anos, e pediu ós partidos, e en particular ó BNG, única formación que apoia ó Plan Sectorial, que valoren á súa postura e que teñan en conta que o seu deber é defender á cidadanía e non aos intereses de partido. Asemade, afirmou que os veciños loitarán ata o final polo que é seu e que rexeitarán calquera tipo de expropiación, porque,nas súas verbas, “os seus fogares non teñen prezo”.





Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal