Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E O EDIL DE OBRAS DESPRAZÁRONSE AO LOCAL SOCIAL DE SEDES PARA COMPROBAR O AVANCE DAS OBRAS PROXECTADAS NA CONSTRUCIÓN
A ALCALDESA E O EDIL DE OBRAS DESPRAZÁRONSE AO LOCAL SOCIAL DE SEDES PARA COMPROBAR O AVANCE DAS OBRAS PROXECTADAS NA CONSTRUCIÓN
Marián Ferreiro e Pablo Mauriz estiveron a finais da semana pasada no local, donde se executan actuacións para mellorar a eficiencia enerxética e a accesibilidade
Narón, 19 de agosto de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse a finais da semana pasada ao local social de Sedes, donde se executan traballos de acondicionamento e reparación do local social de Sedes. A rexedora recordou que as actuacións se adxudicaron nuns 73.000 euros, unha partida que, recalcou “permitirá levar a cabo obras de mellora da eficiencia enerxética no local social desta parroquia e tamén mellorar a súa accesibilidade dende o exterior, a maiores de realizar unha pequena ampliación que redundará en beneficio de todas as veciñas e veciños que acudan a estas instalacións municipais”.
“No exterior da construción xa se iniciaron os traballos da rampa para mellorar o acceso a todas as persoas con problemas de mobilidade e no que respecta ao exterior, a actuación a levar a cabo permitirá ampliar o actual local nuns vinte metros cadrados, pechando un área que xa estaba cuberta”, explicou Ferreiro.
A maiores, engadiu a alcaldesa, “executaranse os traballos necesarios para dotar de iluminación á planta alta do local social e tamén á nova ampliación da planta baixa, unha zona que se destinará a sala de ordenadores”.
A renovación da carpintería exterior do edificio, que se substituíu por unha de aluminio, é outra das obras que se levou xa a cabo con cargo a este mesmo proxecto e que permitirá tamén reducir o consumo enerxético en calefacción.
A asociación veciñal Rosa dos Ventos, de Sedes, programa anualmente varias actividades no local social da parroquia, así como eventos sociais e culturais, moitos en colaboración co propio Concello. A ampliación das instalacións permitirá, tal e como se indicou dende o goberno local, ampliar esa oferta de actividades dirixidas aos veciños e veciñas da zona rural.
Os traballos realizados na parroquia complétanse co acondicionamento dunha parcela exterior anexa ao local que se adquiriu con cargo a unha partida municipal duns 70.000 euros. Posteriormente realizouse un investimento de 48.000 euros máis para habilitar un parque infantil, outro biosaudable e instalar mesas, bancos e unha fonte, entre outras actuacións. En conxunto, según recordou Ferreiro, “o investimento realizado para mellorar estas instalacións e o seu entorno, coa adquisición da parcela, ascende a uns 191.000 euros, unha partida que nos permitirá mellorar considerablemente estas instalacións da parroquia de Sedes e dotala de novos servizos para a veciñanza”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal