Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO MANTERÁ ABERTO DENDE O LUNS ATA O 13 DE SETEMBRO O PRAZO DE SOLICITUDE DO BONO BUS UNIVERSITARIO AO CAMPUS DA CORUÑA
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que estas subvencións se dirixien a persoas empadroadas no Concello de Narón e que cumpran os requisitos contemplados para estas axudas
Narón, 23 de agosto de 2019. O Concello de Narón abrirá o vindeiro luns, día 26, o prazo de solicitude de axudas para o transporte de estudantes universitarios ás Facultades da Universidade da Coruña (UDC), no Campus da Coruña, durante o curso académico 2019-2020. As subvencións cubren o 50% do bono bus para o traslado diario dos universitarios ao campus da UDC e poderán solicitarse ata o 13 de setembro (incluído), tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. A edil naronesa indicou que a partida global do Concello para estas subvencións ascende a 25.000 euros. As tramitacións realízanse a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.00 horas- a través do modelo oficial do Concello, que estará dispoñible no propio Rexistro e tamén na Sede Electrónica, donde se poderán tramitar, ao igual que a través doutros medios previstos no artículo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, según indicou a edil de Ensino. Os solicitantes deben estar empadroados no Concello de Narón, matriculados na UDC e non superar os umbrais de renda establecidos polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, entre outros requisitos. Para máis información pódese consultar a páxina web do Concello de Narón: http://www.naron.es/web/cat/es/axudas-e-subvencions.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal