Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCELLO E XUNTA COLABORARÁN NA CONSTRUCIÓN DUN NOVO CENTRO DE SAÚDE
O Concello cederá a parcela para a construción do novo centro e recibirá da Consellería o inmoble do antigo
O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e a Conselleira de Sanidade, María José Rubio, firmaron nun acto celebrado no Concello o protocolo de colaboración para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde. Este acordo nace coa finalidade de dar unha mellor resposta aos problemas de saúde dos veciños de Narón mediante unha máis rápida atención asistencial. O Concello comprométese a a ceder a favor do Servizo Galego de Saúde unha parcela para a construción do centro, así como a obter os permisos e as autorizacións que foran necesarios para executar as obras. Asemade, asumira todos os gastos necesarios para dotar a parcela das infraestruturas necesarias, auga, saneamento, alumeado, telefonía, etc. Para a execución do protocolo, o Concello aportará ao longo dos tres exercicios seguintes (período de vixencia do mesmo,podendo ser prorrogado) 2.700.000€ con destino a execución das obras, un pouco máis da metade do que se considera será o gasto total do proxecto, uns 5.000.000€. Pola súa parte, o Servizo Galego de Saúde afrontará o resto do gasto e trala recepción da obra e posta en funcionamento do novo centro de saúde, entregará o actual inmoble dedicado a ese fin sito na rúa 25 de Xullo. Tanto a Conselleira coma o Alcalde coincidiron en sinalar a importancia da colaboración entre institucións para que os proxectos avancen, e a necesidade imperiosa de Narón de mellorar a súa sanidade debido o rápido crecemento de poboación que está a experimentar. No ano 2000, Narón contaba con 30.000 habitantes, e no ano 2008 chega xa aos 38.500. O centro terá unha extensión de 4.238 m², o dobre de espazo que o antigo, e entre as melloras que poderá ofrecer figuran unha unidade de saúde mental, outra unidade de radiografía, a posibilidade de desenrolar o plan de saúde da muller, salas polivalentes con posibilidade de levar a cabo ciruxía menor, unha sala de toma de mostras, un hixienista dental, pasar de dúas salas de urxencias a seis, dobrar as consultas de medicina xeral (de 11 a 22), ter 30 profesionais máis contratados ou a aplicación da receta electrónica. Segundo as previsións da Conselleira, o ano 2009 servirá para pór en marcha o plan e facelo funcional, e xa será do 2010 cando comece a obra. O Alcalde estimou en seis meses o prazo que necesitará o Concello para ofrecerlle á Xunta a parcela para construír. Xoán Gato declarouse moi satisfeito co compromiso de colaboración contraído esta mañá e coa posta en marcha para a consecución dunha necesidade básica de Narón. Un centro de saíde que mellorará a calidade de vida dos naroneses, e que leva ao Concello a incidir de novo no social, tomando o seu papel de empresa social ó servizo dos veciños.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal