Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO SINALIZA A NOVA RUTA TURÍSTICA DA PENA MOLEXA-MONTE DA LAGOA NA PARROQUIA DO VAL
O CONCELLO SINALIZA A NOVA RUTA TURÍSTICA DA PENA MOLEXA-MONTE DA LAGOA NA PARROQUIA DO VAL
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, explicou que a ruta consta de dous itinerarios, un de doce quilómetros e outro de cinco, ambos con punto de partida e chegada nas inmediacións da Cooperativa do Val
Narón, 27 de agosto de 2019. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, e o historiador e arqueólogo municipal, Andrés Pena, desprazáronse esta mañá á parroquia do Val con motivo do remate dos traballos de sinalización do itinerario que discurre pola Pena Molexa e o Monte da Lagoa. Integrantes da AVV Os Irmandiños, do Val, acudiron tamén á cita, na que se anunciou a posta en marcha dunha nova ruta turística na cidade con balizas e paneis indicativos que levan códigos QR que, a modo explicativo, en tres idiomas (galego, castelán e inglés), permiten coñecer a través de audioguías os reclamos de maior interese turístico deste itinerario da Pena Molexa-Monte da Lagoa.
Hermida explicou que esta ruta consta de dous itinerarios de diferente distancia, un de doce quilómetros e outro de cinco, con punto de inicio e chegada, en ambos casos, na zona do estacionamento da Cooperativa do Val. Os dous circuítos parten en dirección á Pena Molexa, donde se pode ver este conxunto megalítico composto por unha pena en forma de disco lunar colocada sobre grandes pedras en forma de barca. De aí, tal e como recordou a concelleira de Turismo, xorde "A Barca Lunar", a primeira marca turística rexistrada do Concello de Narón. Dende aí tamén ambos itinerarios van cara ao miradoiro de Pena Lopesa, unha zona de cantís, para a continuación, a través do traxecto máis longo, dirixirse ao Campo do Avial, a cala do Casal, o miradoiro do Monte da Lagoa e o Castro de Vilasuso, regresando de novo ás inmediacións da Cooperativa do Val. No caso de elixir o percorrido máis curto, o de cinco quilómetros, dende o Miradoiro de Pena Lopesa iríase cara ao Castro de Vilasuso para rematar a continuación no estacionamento da Cooperativa do Val. “Trátase dun percorrido circular en ambos traxectos e que está pensado tanto para facer a pé como en bicicleta, coñecendo boa parte dos reclamos turísticos de maior interese e con máis historia da parroquia do Val”, asegurou Hermida.
Ao longo do traxecto instaláronse, tal e como apuntou a edil de Turismo, sete paneis interpretativos; no punto de partida e remate (Cooperativa do Val), na Pena Molexa, no miradoiro da Pena Lopesa, no Campo do Avial, nas inmediacións do cantil do Casal, no miradoiro do Monte da Lagoa e no Castro de Vilasuso.
O Concello editou folletos desta nova ruta turística, que están dispoñibles tanto no Punto de Información do Consistorio (na planta de acceso) como na Oficina de Turismo da cidade, no parque do río Freixeiro, e nas instalacións do Centro Cívico do Val, tal e como indicou a concelleira responsable da área. A maiores, e tamén co fin de promocionar esta ruta, o Técnico Superior en Historia e arqueólogo municipal, Andrés Pena Graña, acudiu o mes pasado a Gales para participar, xunto co Dr. J. Evans, da Abo Akademi University (Finlandia) no "XVI International Congress of Celtic Studies" na Bangor University, celebrado do 22 ao 26 de xullo. Na xornada do 23 presentaron dúas ponencias, salientando en ambas, tal e como apuntou Pena Graña “a importancia da Pena Molexa como observatorio astronómico do ciclo chamado Metónico e das súas lendas, vencelladas ao concepto celta de “Sacral Kingship (realeza sagrada)”.
“Esta ruta súmase ao traballo desenvolvido ao longo dos dous últimos anos coa sinalizacion da Ruta dos Muíños e á que sumamos a aplicación: rutas.naron.es, na que iremos incorporando todas as rutas que se vaian sinalizando a partir de agora”, explicou Hermida. A concelleira de Turismo animou á veciñanza de Narón e visitantes da cidade a realizar esta ruta, por calquera dos itinerarios trazados “para coñecer e desfrutar do patrimonio histórico, natural e cultural da nosa cidade”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal