Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUNHA ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL DIRIXIDA A MENORES MATRICULADOS NA LUDOTECA MUNICIPAL
A convocatoria, tal e como explicou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, terá lugar o 6 de setembro na área medioambiental do Río Xuvia
Narón, 29 de agosto de 2019. O Concello organiza unha actividade medioambiental, de balde, a través da Ludoteca municipal da Solaina, dirixida aos usuarios e usuarias das citadas instalacións. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que a convocatoria terá lugar o vindeiro 6 de setembro na área medioambiental Río Xuvia, en Pedroso, dende as 10.30 ata as 13.30 horas. A edil naronesa explicou que para poder asistir é preciso que os menores estean matriculados na Ludoteca municipal e teñan entre 3 e 12 anos, debendo formalizarse as inscricións desta actividade –hai quince prazas- na propia Ludoteca de luns a venres, entre as 10.00 e as 14.00 horas a partir do vindeiro luns, día 2 e ata o 5 de setembro. Os nenos e nenas que asistan a esta actividade adquirirán coñecementos sobre elaboración tradicional de marmeladas, sobre xogos populares e tamén poderán iniciarse no cultivo de produtos da horta, tal e como explicou a concelleira de Bibliotecas. En canto aos desprazamentos ata a área do Río Xuvia, o Concello habilitará un servizo de autobús que recollerá aos participantes ás 10.00 horas na Ludoteca municipal da Solaina (avenida de Santa Icía, 94) para regresar á mesma ubicación sobre as 14.00 horas. Os nenos e nenas estarán en todo momento acompañados polas educadoras da Ludoteca municipal. As persoas interesadas en recibir máis información poden facelo chamando ao número de teléfono 981 389 284.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es