Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCARÁ O VINDEIRO MES DE SETEMBRO SEIS NOVOS CURSOS DO PLAN MUNICIPAL DE FORMACIÓN
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que estes cursos se dirixen a persoas empadroadas en Narón, desempregadas e maiores de 18 anos
Narón, 30 de agosto de 2019. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a próxima convocatoria, en setembro, dun total de seis cursos do Plan Municipal de Formación. Estas accións formativas diríxense a veciñas e veciños de Narón, desempregados e maiores de 18 anos, tal e como se especifica en cada unha das convocatorias. En total ofertaranse noventa prazas, según avanzou Hermida, para os cursos de Peixería, Electricidade básica, Limpeza hoteleira, Reposición, Caixa e atención seccións supermercados, xardinería e poda e Soldadura con electrodo e TIG. “En total, con estes seis cursos ofreceremos este ano dende o Concello case 1.900 horas máis de formación a veciñas e veciños empadroados na cidade, o que suporá unha oportunidade para persoas que na actualidade están desempregadas e queren ampliar a súa formación ou iniciala nalgunha destas áreas específicas”, asegurou Natalia Hermida. A maiores de convocarse en setembro, nese mesmo mes comezaranse a impartir catro das citadas accións formativas, cun máximo de quince prazas cada unha delas: Peixería (400 horas), Electricidade básica (300 horas), Limpeza hoteleira (236,5 horas) e Reposición, caixa e atención seccións supermercados (280 horas). Será tamén o vindeiro mes cando se abrirá o prazo de solicitude dos cursos de Xardinería e poda, cun total de 15 prazas e de 271 horas de duración, e o de Soldadura con electrodo e TIG –a maiores dos requisitos xerais solicitarase que o alumnado teña o curso básico de 60 horas de Prevención de Riscos Laborais-, con 15 prazas e de 400 horas de duración. En ambos casos, tal e como explicou Hermida, as accións formativas comezarán a impartirse o vindeiro mes de outubro. A concelleira de Formación avanzou que antes de rematar o ano tamén se convocarán a través do Programa municipal de Formación de Narón cursos de Prevención de Riscos Laborais (60 horas); Operador carretilleiro e operador de plataforma elevadora PEMP (UNEs) (35 horas); Prevención de Riscos no Naval e Medio Ambiente no sector Naval (16 horas); Prevención de Riscos Laborais: traballos en alturas e traballos en espazos confinados (16 horas); Hixiene alimentaria (5 horas) e Primeiros auxilios (5 horas). No caso destas seis accións formativas, a previsión actual é, según indicou Hermida, inicialas entre os meses de novembro e decembro. Todos estes cursos, sobre cuxos prazos para inscribirse e iniciación se informará a medida que se vaian convocando, deberán solicitarse a través do Rexistro municipal ou da Sede Electrónica do Concello –donde estarán dispoñibles as instancias para todas as accións formativas-. As prazas cubriranse por orde de inscrición. A concelleira de Formación explicou que as persoas interesadas deben estar pendientes da convocatoria de cada un destes cursos, que se irá anunciando a partir da vindeira semana dende o Concello, a medida que se abran os prazos de inscrición en cada unha destas accións formativas. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 377 700 (extensión 1123).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal