Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN LOCAL REUNÍRONSE CON REPRESENTANTES DO IGAPE E DO PLAN FERROL PARA ABORDAR A SITUACIÓN DE POLIGAL
Marián Ferreiro desprazouse a Santiago á xuntanza, na que tamén estiveron o edil de TEGA Guillermo Sánchez Fojo e os portavoces do PSOE, José David Pita, e PP, Germán Castrillón
Narón, 4 de setembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá a Santiago para reunirse no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co director do citado organismo, Juan Cividanes e coa presidenta do Plan Ferrol, Natalia Barros. Á xuntanza, solicitada dende o Concello para interesarse pola situación da empresa Poligal –que aplicou un ERE extintivo aos seus máis de cen empregados e empregadas-, acudiron tamén o concelleiro de TEGA Guillermo Sánchez Fojo e os portavoces do PSOE, José David Pita; e do PP, Germán Castrillón. A alcaldesa explicou que no transcurso da xuntanza, Cividanes explicou que dende o Igape se continúan realizando xestións para tratar de dar unha alternativa viable para a planta de Poligal en Narón. Os representantes do citado organismo e do Plan Ferrol aseguraron que se continúa traballando na citada liña. Pola súa parte, Ferreiro asegurou que dende o Concello de Narón “continuaremos realizando as xestións que estean nas nosas mans co fin de que os extraballadores e as extraballadoras de Poligal conten cunha solución de futuro que garanta o seu traballo tralo desmantelamento da planta ubicada na Gándara”. A alcaldesa incidiu en que o goberno local “continúa a disposición dos exempregados de Poligal e tamén colaborará co resto de administracións supramunicipais para que esta situación acade unha pronta solución satisfactoria para esas máis de cen familias”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal