Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA AOS RESPONSABLES DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA LOCAIS A UNHA XUNTANZA
O CONCELLO CONVOCA AOS RESPONSABLES DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA LOCAIS A UNHA XUNTANZA
O concelleiro de Promoción Económica, José Daviz Pita, avanzou que no transcurso da reunión, que terá lugar o día 10 de setembro, se presentarán as novas liñas de acción no sector
Narón, 5 de setembro de 2019. O Concello de Narón convoca unha xuntanza o vindeiro martes, día 10, ás 17.30 horas dirixida aos responsables dos establecementos de hostalería locais co fin de presentarlles as novas liñas de acción no sector que se impulsarán dende a administración local. Así o anunciou o concelleiro de Promoción Económica, José David Pita, que indicou que a cita terá lugar na sala de reunións da terceira planta do Consistorio.
“O obxectivo desta xuntanza é achegar aos profesionais da gastronomía e a hostalería naronesa as novas actuacións a desenvolver, dirixidas á promoción do sector e a poñer en valor a riqueza deste territorio e, nomeadamente, a da nosa ría”, avanzou Pita. Así mesmo, indicou que no transcurso da convocatoria, os asistentes terán a oportunidade de intercambiar opinións, plantexar as súas propostas e enriquecer as que se presenten na xuntanza entre todos os axentes directamente implicados.
A acción máis inmediata e que se tentará perfilar no encontro cos hostaleiros é a “Segunda Semana do Marisco da Ría”, logo da exitosa experiencia iniciada o pasado ano. O edil de Promoción Económica asegurou que “temos unha ría moi rica en especies comerciais de gran calidade. Estamos empeñados en poñer en valor as nosas potencialidades e para iso, é imprescindible artellar as accións en estreita colaboración co sector hostaleiro naronés, cun alto grao de participación nas diferentes actividades propostas por parte da institución local, como os concursos e rutas de tapas, actividades formativas, xornadas gastronómicas, festas de exaltación de produtos…”.
A finalidade da “Segunda Semana do Marisco” é a de axuntar a oferta, a produción e a calidade dos produtos da ría, cos puntos de consumo máis importantes que, neste caso, constitúen os establecementos de hostalería do concello de Narón que se sumaron a esta iniciativa. Os produtos protagonistas serían, como no caso da edición do pasado ano, cinco especies de marisco dunha calidade extraordinaria que se poderán degustar en formato tapa, menú, ración... dependendo da tipoloxía do establecemento: ostra salvaxe, zamburiña, ameixa rubia, mincha e carneiro.
José David Pita indicou que co obxectivo de contribuír na medida do posible á mellora da formación práctica, celebrarase próximamente un novo obradoiro e un “showcooking” posterior cuxos contidos xa se exporán publicamente na reunión convocada para o vindeiro martes no Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal