Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE 31.600 PERSOAS ASISTIRON AOS ESPECTÁCULOS DO PAZO DA CULTURA O PRIMEIRO SEMESTRE DESTE ANO
MÁIS DE 31.600 PERSOAS ASISTIRON AOS ESPECTÁCULOS DO PAZO DA CULTURA O PRIMEIRO SEMESTRE DESTE ANO
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, calificou de "moi positivo" o balance dos seis primeiros meses do ano, nos que se sucederon sesenta espectáculos, varios completando o aforo do Pazo
Narón, 7 de setembro de 2019. Un total de 31.646 espectadores acudiron ao Pazo da Cultura entre os meses de xaneiro e xuño deste ano para desfrutar da programación deseñada dende o Padroado da Cultura. Así o indicou a alcaldesa da cidade e presidenta do citado organismo, Marián Ferreiro, que subliñou que “o Pazo é un referente cultural non só na comarca, senón tamén noutros concellos grazas á contratación de variados espectáculos de primeiro nivel”.
O balance do primeiro semestre do ano é “moi positivo”, tal e como indicou Ferreiro, que explicou que a media de público por cada un dos espectáculos –algúns deles con máis dunha función- foi nestes seis primeiros meses do ano de 527 asistentes.
En canto aos espectáculos que se desenvolveron no Pazo durante o citado período a alcaldesa recordou que “foron un total de sesenta, dos que trinta se corresponderon con obras de teatro, tanto específicas para público infantil como dirixidas a todo tipo de públicos, vinte de danza e dez musicais”.
A gran aceptación e calidade da programación do Pazo fixo tamén que no primeiro semestre de ano se esgotasen as entradas dispoñibles para varios espectáculos, completándose o aforo dispoñible ao pouco tempo de poñerse á venda para o público xeral. O pasado mes de xaneiro esta situación rexistrouse co concerto de Víctor Manuel, que presentou na cidade o seu disco “Casi nada está en su sitio” e tamén, ese mesmo mes, nos tres pases da comedia “Somos Criminais”, protagonizada polos cómicos galegos Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco. Precisamente a vindeira fin de semana, os días 13, 14 e 15, subiranse de novo ao escenario do Pazo Touriñán e Blanco, nesta ocasión para interpretar “Unha noite na praia”, unha comedia coa que se retomará a programación dos últimos catro meses do ano no Pazo e para a que as entradas están esgotadas dende hai varias semanas. O cartel de “completo” colgouse tamén co espectáculo musical “Remember Queen”, o pasado mes de abril, tal e como recordou Ferreiro.
“Dende o Padroado da Cultura apostamos ano tras ano por diversificar a programación, con espectáculos moi variados dirixidos a diversos tipos de público e tamén apostando por citas xa consolidadas na programación do Padroado, como é o caso do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, que o pasado mes de marzo celebrou a súa cuarta edición na que foi unha firme aposta pola creación galega”, asegurou a alcaldesa.
“O balance dos seis primeiros meses do ano é moi positivo, constatándose o respaldo do público á programación ofrecida dende o Padroado da Cultura e, polo tanto, ao traballo que dende a área cultural estamos desenvolvendo dende hai anos neste Concello”, subliñou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal