Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE "ELECTRICIDADE BÁSICA" ABRIRASE O VINDEIRO 11 DE SETEMBRO
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE
Esta acción do Programa municipal de Formación diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, tal e como indicou a concelleira responable da área, Natalia Hermida
Narón, 9 de setembro de 2019. O Concello convoca a través do Programa municipal de Formación un curso sobre Electricidade básica, para o que se abrirá o prazo de inscrición o vindeiro mércores, día 11. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, recordou que esta acción formativa se dirixe a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas na cidade. O prazo para anotarse rematará o 18 de setembro ás 13.00 horas, se ben dende o mércores se poderán tramitar as inscricións a través do Rexistro do Concello –de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00- ou da Sede Electrónica. En total ofértanse 15 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, tal e como recalcou Hermida.
Funcionamento dos circuítos e máquinas eléctricas; Prevención de riscos laborais en instalacións eléctricas; Montaxe, reparación e mantemento de sistemas eléctricos sinxelos de vivendas e industriais segundo REBT e Prácticas profesionais forman parte do contido deste curso, que ten un total de 300 horas de duración (80 de prácticas profesionais non laborais). As clases terán lugar nas instalacións do Centro municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, do 25 deste mes ao 19 de decembro –luns a venres de 8.30 a 13.30 horas-, se ben as prácticas se desenvolverán nas propias instalacións das empresas colaboradoras (nun horario por determinar).
As persoas interesadas en obter máis información poden facelo a través da web do Concello, da Sede Electrónica de Narón ou, por teléfono, chamando ao número 981 337 700 (extensións: 1123; 2602; 1120 e 1107).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal