Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO E MARIÁN FERREIRO ESTUDAN MELLORAS NA REDE DE ESTRADAS DA DEPUTACIÓN EN NARÓN
VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO E MARIÁN FERREIRO ESTUDAN MELLORAS NA REDE DE ESTRADAS DA DEPUTACIÓN EN NARÓN
O presidente da Deputación da Coruña visitará Narón para coñecer "in situ" os proxectos solicitados pola alcaldesa da cidade
A Coruña, 9 de setembro de 2019. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse hoxe no seu despacho da institución provincial coa alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, no que foi o primeiro encontro oficial entre ambos mandatarios tras as eleccións municipais de maio. Na reunión participou tamén o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz.
A alcaldesa enmarcou a visita como “unha primeira toma de contacto para abordar proxectos e expor algunhas necesidades de Narón en materia de mellora de estradas”. Neste sentido, destacou dous proxectos nos que o goberno municipal ten especial interese para levar a cabo neste mandato: a ampliación e mellora da seguridade das estradas de San Xiao e O Feal.
Formoso interesouse polas características de ambos proxectos e a posible necesidade de actualización dos mesmos e comprometeuse a visitar próximamente Narón, acompañado dos técnicos provinciais, para valorar a súa viabilidade.
Ferreiro solicitou tamén o mantemento e reparación de beirarrúas en determinados viais de carácter urbano coma a estrada da Gándara, a rúa Concepción Arenal, avenida Souto Vizoso e a avenida de Santa Icía, así como o na posibilidade de transferir a súa titularidade ao concello ao longo do presente mandato.
González Formoso comprometeuse a trasladar a petición ao servizo de Vías e Obras e afirmou que a solicitude de cesión será tida en conta dentro do paquete de transferencias de viais que o servizo de Vías e Obras prepara en diversos concellos da provincia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal