Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MARIÁN FERREIRO ACOMPAÑOU Á COMITIVA DE ALCALDES E ALCALDESAS QUE SE DESPRAZARON HOXE AO MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA PARA ABORDAR O FUTURO DA CENTRAL TÉRMICA DE AS PONTES
MARIÁN FERREIRO ACOMPAÑOU Á COMITIVA DE ALCALDES E ALCALDESAS QUE SE DESPRAZARON HOXE AO MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA PARA ABORDAR O FUTURO DA CENTRAL TÉRMICA DE AS PONTES
A alcaldesa de Narón trasladou o respaldo do Concello ao colectivos afectados polo parón que afecta á térmica dende o pasado mes de abril
Narón, 10 de setembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Terra Galega Ibán Santalla, desprazáronse esta mañá a Madrid acompañando á comitiva que, presidida polo alcalde pontés, Valentín González Formoso, se reuniu esta mañá con persoal do gabinete da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera. A viaxe organizouse co obxectivo de entregarlle a Ribera un escrito solicitando a adopción de medidas ante a situación de parálise da térmica de As Pontes, practicamente sen actividade dende o pasado mes de abril. Na xuntanza acadouse o compromiso de reunir este mes ás partes implicadas para abordar a situación da central pontesa.
“É urxente que o Ministerio de Transición Ecolóxica aplique as medidas necesarias para que a central de Endesa nas Pontes retome canto antes a súa actividade, tras case cinco meses de parón”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa de Narón denunciou “a complexa situación que están padecendo dende hai varios meses os transportistas do carbón á térmica e tamén o panorama que se presenta para as empresas auxiliares debido a esta situación, derivada do encarecemento do prezo do CO2 e da aplicación dun novo imposto, o do céntimo verde”.
Ferreiro subliñou que “o Concello de Narón respalda, como non pode ser doutro xeito, as reivindicacións trasladadas hoxe ao Ministerio de Transición Ecolóxica urxindo a reactivación da térmica, donde se está levando a cabo un investimento de máis de 200 millóns de euros para adaptarse ás esixencias medioambientais europeas sobre emisións”. A alcaldesa de Narón incidiu en que “estamos falando de que, ante a complicada situación que xa padece a nosa comarca dende hai varios anos, están no aire máis de medio milleiro de postos de traballo, polo que é urxente acabar con esta inactividade na térmica pontesa para garantir o futuro desas familias e non precarizar aínda máis aos concellos da zona, por iso debemos estar todos unidos defendendo o seu futuro, que é o futuro das nosas veciñas e veciños”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal