Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES PROMOVE UNHA CAMPAÑA PARA RECUPERAR O PAGO EN PESETAS
A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES PROMOVE UNHA CAMPAÑA PARA RECUPERAR O PAGO EN PESETAS
A Concellería de Promoción Económica salienta a orixinalidade desta idea, que se extenderá ata o 28 de febreiro
Narón, 8 de xaneiro de 2009.- A Asociación de Comerciantes de Narón presentou no Concello a campaña “Vive a peseta en Narón”, que comenzou onte e se extenderá ata o día 28 de febreiro. Trátase da primeira iniciativa desta asociación, creada no 2008 e que conta na actualidade cun centenar de socios. A edil responsable da Concellería de Promoción Económica, Angeles Díaz, calificou a idea coma orixinal e asegurou que ven a complementar a outra campaña realizada dende o Concello co fin de potenciar o comercio local durante este Nadal.

A intención principal é permitir o pago en pesetas nun total de 47 establecementos comerciais do municipio, que se identificarán cun cartel no seu escaparate. Ademáis, haberá un home-anuncio percorrendo as rúas de Narón para facer publicidade e insertaranse anuncios en prensa. Segundo apuntou o presidente da Asociación, Ricardo Pereira, con esta proposta “trátase de recuperar as pesetas que quedaran olvidadas nos petos e carteiras”.

Esta campaña é a máis extensa deste tipo realizada na provincia de A Coruña, pola cantidade de comercios adheridos a ela e dende a asociación agárdase que sexa tamén a máis fructífera para clientes e comercios. Pereira explicou que os membros da asociación realizarán dous recollidas a finais de xaneiro e febreiro, e eles mesmos se encargarán de canxear as pesetas por euros sen coste algún para os comerciantes.

O presidente da Asociación de Comerciantes lembrou ademáis que no ano 2006, segundo o Banco de España, aínda quedaban en circulación máis de 1.800 millóns de euros nas antigas pesetas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal