Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ A VINDEIRA SEMANA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE "REPOSICIÓN, CAIXA E SECCIÓN SUPERMERCADOS"
O CONCELLO ABRIRÁ A VINDEIRA SEMANA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE
A acción formativa diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, que se poderán inscribir a partir do 16 de setembro, tal e como recordou a concelleira de Formación, Natalia Hermida
Narón, 13 de setembro de 2019. O Concello de Narón abrirá a vindeira semana o prazo de inscrición nun novo curso do Programa municipal de Formación. Así o anunciou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida, que indicou que a partir do luns, día 16, abrirá o prazo para anotarse no de “Reposición, caixa e sección supermercados”. A edil naronesa recordou que se dirixe a persoas maiores de 18 anos, empadroadas en Narón e desempregadas, estando dispoñibles 15 prazas e que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. As inscricións poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello, do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.00- ou mediante os restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O curso de “Reposición, caixa e sección supermercados” terá unha duración total de 280 horas, que se prevén impartir do 30 deste mes ao 18 de decembro deste ano –de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas- no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Inclúe unha parte de prácticas profesionais non laborais, de 120 horas, que terán lugar en empresas colaboradoras, que fixarán o horario das mesmas.
En canto ás materias a abordar, impartiranse clases de Prevención de riscos laborais específicos do posto de traballo; Comunicación e atención básica á clientela; Loxística e técnicas de venda; Procedementos de cobro e pago das operacións de venda e Organización, distribución e reposición de produtos, entre outros. As inscricións para este curso poderán tramitarse ata o 23 deste mes ás 13.00 horas.
As persoas interesadas en obter máis información poden facelo a través da Sede Electrónica do Concello, da páxina web do Concello de Narón –http://www.naron.es/web/cat/es/ayuntamiento/servicios_municipales- ou chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1123; 2602; 1120 ou 1107).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal