Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA COA ASOCIACIÓN ÁUREGA A CONFERENCIA "ASOMARSE AO MUNDO DENDE A ALTA CAPACIDADE"
A convocatoria terá lugar o vindeiro 5 de outubro nas instalación do Auditorio municipal, tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que presentou a convocatoria co presidente da Asociación Áurega, Marcos Castro, e a vicepresidenta e a secretaria da entidade, Elena Silvar e Begoña Ramos, respectivamente
Narón, 16 de setembro de 2019. O Auditorio municipal de Narón acollerá o vindeiro 5 de outubro a conferencia “Asomarse ao mundo dende a alta capacidade”, organizada polo Concello e na que colabora a Asociación Áurega. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, presentou esta iniciativa, acompañada por Marcos Castro, presidente da asociación, Elena Silvar, vicepresidenta, e Begoña Ramos, secretaria da entidade. A cita desenvolverase entre as 17.00 e as 19.00 horas, tal e como indicou Taibo, e na mesma intervirán Félix Ruiz Mahamud e José Luis Pérez, psicólogos clínicos, fundadores do Centro Ayalga e autores do libro “A mi no me parece”. Dende a organización convidouse á cidadanía de Narón e comarca e aos pais e nais e comunidade educativa a acudir a esta conferencia. “Queremos dar visibilidade a esta diversidade contando co apoio do Concello de Narón, que nos está apoiando dende o minuto un”, asegurou Castro, que avanzou que os asistentes “poderán aprender moitas cousas sobre esta diversidade”. A concelleira de Ensino asegurou que dende o Concello “apostamos por promover este tipo de conferencias porque nos parece moi importante a actividade que plantexa a asociación Áurega, dando visibilidade a uns nenos e nenas que ás veces descoñecemos o seu modo de socializar nos colexios, polo que é moi importante que os centros se impliquen, a través dos departamentos de Orientación, tamén con eles”. Así mesmo, Taibo destacou a relevancia de que “as familias teñas recursos e formación para coñecer aos seus fillos e fillas”. A asociación Áurega traballa na actualidade, tal e como indicou o seu presidente, con corenta familias e sesenta menores, maioritariamente de Narón pero tamén doutros concellos da comarca (Ferrol, Fene, Pontedeume…). O vindeiro 5 de outubro retomará os obradoiros que organiza ao longo do ano no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros –dous sábados ao mes-, sendo os primeiros sobre enriquecemento e xestión de emocións. As persoas interesadas en coñecer polo miúdo o traballo da asociación Áurega poden contactar cos seus responsables a través do correo electrónico: auregaasociacion@gmail.com ou do número de teléfono: 620 830 615.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal