Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIU HOXE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE IMAXES AO "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
O CONCELLO ABRIU HOXE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE IMAXES AO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, animou á cidadanía a presentar as fotografías, ata o día 27 deste mes, no Rexistro do Concello
Narón, 16 de setembro de 2019. O Concello de Narón abriu hoxe o prazo de presentación de imaxes á décima edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, animou ás persoas interesadas en participar a presentar as súas fotos no Concello –Rexistro municipal, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00- para o que disporán de prazo ata o día 27 deste mes. O certame repartirá este ano 1.200 euros en premios e as bases do mesmo poden consultarse ao completo a través da páxina web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-X-Concurso-Fotografía.pdf. A edil naronesa animou á cidadanía a presentarse a este concurso “amosando a riqueza do noso concello en diferentes ámbitos e optando aos premios establecidos na convocatoria”.
As imaxes, un máximo de tres por participante, deben amosar a riqueza de Narón en diferentes ámbitos: humano e social (deportes, industria, festas populares, veciñanza…), espazos naturais de interese, culturais, de lecer, patrimonio, etc., e é obrigatorio que o lugar ou o entorno que apareza na imaxe sexa de Narón e se recoñeza como tal. Un xurado especializado valorará á hora da puntuación das imaxes o seu impacto visual, a calidade técnico artística e a creatividade (con ata dez puntos cada apartado).
A fotografía con maior puntuación será premiada con 750 euros, mentres que a segunda e a terceira recibirán 300 e 150 euros, respectivamente. A maiores das tres imaxes con premio, seleccionaranse as nove seguintes mellor puntuadas para ilustrar o calendario de sobremesa que editará o Concello o vindeiro ano.
Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión: 1517) ou escribir ao enderezo electrónico: a.fernandez@naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal