Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS "CANTA CON NÓS" IMPULSADOS POLO PROGRAMA MUNICIPAL "PROMEDEX"
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que esta iniciativa se dirixe a nenas e nenos nados entre 2003 e 2013
Narón, 17 de setembro de 2019. Os obradoiros “Canta con nós”, enmarcados nas actividades impulsadas dende o Concello a través do Programa Municipal de Educación Extraescolar (Promedex) retómanse este curso. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, presentou a proposta xunto con Cristina Teijeiro, Graciela Galdo e Olga Vigo, responsables do citado obradoiro, para o que se abre hoxe o prazo de inscrición a través do Rexistro municipal –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas- e da Sede Electrónica do Concello. O Auditorio municipal acollerá estes obradoiros entre o vindeiro mes de outubro e xuño de 2020. A iniciativa, que se estreou o pasado ano, dirixese a menores de entre 6 e 16 anos, preferentemente empadroados en Narón. Formaranse tres grupos, dous cun máximo de 45 prazas para nenas e nenos nados entre 2007 e 2013 e un con 35 prazas para menores nados entre 2003 e 2006. A actividade desenvolverase os sábados, de 10.30 a 11.30 e entre as 11.30 e as 13.00 horas, en función do grupo. Os asistentes deberán aboar unha taxa de 8,15 euros por persoa, a tarifa establecida na Ordenanza fiscal número 15 que regula a taxa polos servizos prestados dende o Servizo Sociocomunitario. As responsables do obradoiro destacaron a importancia de que a través desta actividade “as nenas e nenos gocen da música e, ao mesmo tempo, fomenten o compromiso e o traballo en grupo, o compañeirismo…” e agradeceron a implicación do Concello de Narón. Así mesmo, a concelleira de Ensino animou ás rapazas e rapaces de Narón a anotarse nesta actividade. “Queremos que os nenos e nenas teñan unha oportunidade de gozar da música e aprenderlles unha serie de coñecementos sobre técnica vocal, ao tempo que se dá a coñecer un repertorio de cancións, moitas delas populares e moi características de diferentes culturas”, subliñou Taibo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal