Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS "CANTA CON NÓS" IMPULSADOS POLO PROGRAMA MUNICIPAL "PROMEDEX"
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que esta iniciativa se dirixe a nenas e nenos nados entre 2003 e 2013
Narón, 17 de setembro de 2019. Os obradoiros “Canta con nós”, enmarcados nas actividades impulsadas dende o Concello a través do Programa Municipal de Educación Extraescolar (Promedex) retómanse este curso. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, presentou a proposta xunto con Cristina Teijeiro, Graciela Galdo e Olga Vigo, responsables do citado obradoiro, para o que se abre hoxe o prazo de inscrición a través do Rexistro municipal –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas- e da Sede Electrónica do Concello.
O Auditorio municipal acollerá estes obradoiros entre o vindeiro mes de outubro e xuño de 2020. A iniciativa, que se estreou o pasado ano, dirixese a menores de entre 6 e 16 anos, preferentemente empadroados en Narón. Formaranse tres grupos, dous cun máximo de 45 prazas para nenas e nenos nados entre 2007 e 2013 e un con 35 prazas para menores nados entre 2003 e 2006. A actividade desenvolverase os sábados, de 10.30 a 11.30 e entre as 11.30 e as 13.00 horas, en función do grupo.
Os asistentes deberán aboar unha taxa de 8,15 euros por persoa, a tarifa establecida na Ordenanza fiscal número 15 que regula a taxa polos servizos prestados dende o Servizo Sociocomunitario.
As responsables do obradoiro destacaron a importancia de que a través desta actividade “as nenas e nenos gocen da música e, ao mesmo tempo, fomenten o compromiso e o traballo en grupo, o compañeirismo…” e agradeceron a implicación do Concello de Narón.
Así mesmo, a concelleira de Ensino animou ás rapazas e rapaces de Narón a anotarse nesta actividade. “Queremos que os nenos e nenas teñan unha oportunidade de gozar da música e aprenderlles unha serie de coñecementos sobre técnica vocal, ao tempo que se dá a coñecer un repertorio de cancións, moitas delas populares e moi características de diferentes culturas”, subliñou Taibo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal