Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INTENSIFICARÁ O CONTROL SOBRE A RETIRADA DE VOLUMINOSOS A TRAVÉS DUNHA CAMPAÑA
O CONCELLO INTENSIFICARÁ O CONTROL SOBRE A RETIRADA DE VOLUMINOSOS A TRAVÉS DUNHA CAMPAÑA
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, apelou á colaboración cidadá e recordou a obrigatoriedade de cumprir a ordenanza de limpeza viaria
Narón, 17 de setembro de 2019. O Concello de Narón iniciará unha campaña a través da que intensificará os controis sobre a retirada de voluminosos. Así o avanzou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que recalcou que “no Concello dispoñemos dos servizos necesarios para a recollida de enseres a través da empresa Urbaser e tamén, no resto dos casos, do Punto limpo municipal localizado no polígono de Río do Pozo”. Santalla asegurou que “non está permitido depositar nas rúas os voluminosos se non se fai dacordo coas indicacións da empresa Urbaser en canto ao día no que se debe facer, sempre en horario nocturno, para que a primeira hora da mañá o retiren e así poder ter limpas as rúas da cidade”.
Os controis sobre este servizo intensificaranse para garantir o cumprimento da ordenanza, xa que na actualidade “aínda hai veciñas e veciños que depositan en calquera momento e espazo mobiliario, electrodomésticos e outro tipo de enseres que é obrigatorio levar ás instalacións do Punto Limpo municipal”. No caso dos enseres é preciso chamar á empresa Urbaser, ao número de teléfono 981 391 074, que se encargará de indicar á persoa interesada o día no que debe deixalos na rúa “para que se recollan en cuestión de poucas horas”.
Así mesmo, están dispoñibles as instalacións do Punto Limpo en Río do Pozo (frente a Sogama), que abre as súas portas de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 e os sábados de 9.00 a 14.00. Escombro, electrodomésticos, chatarra, mobiliario, madeira, plásticos e moitos outros residuos deposítanse nun espazo con control e evitando a existencia deste tipo de vertedoiros ilegais nos que en numerosas ocasións se depositan este tipo de restos.
A Ordenanza municipal de residuos e limpeza viaria, aprobada no ano 1996 e cuxo texto en vigor data do ano 2012, contempla multas que poden alcanzar os 3.000 euros. Entre as prohibicións que se contemplan no documento está especificamente abandoar mobles ou enseres particulares na vía pública e tamén depositar ou abandonar produtos que poidan alterar as condicións de limpeza que esixe a estética do Concello.
“O que queremos dende o goberno local é solicitar a máxima colaboración da veciñanza, para que non siga este tipo de condutas e, no caso de velas, poñelas en coñecemento da autoridade competente para que se adopten as medidas oportunas”, recalcou Santalla.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal