Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADQUIRE UN NOVO VEHÍCULO PARA O MANTEMENTO DO ALUMEADO PÚBLICO
Narón, 8 de xaneiro de 2009.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, presentou hoxe na Praza de Galicia o terceiro vehículo municipal adicado a tarefas de mantemento de alumeado público. Trátase dun furgón Iveco Daily 35 c12, que dispón de plataforma elevadora con capacidade para dúas persoas e que costou perto de 75.000 euros, incluidos no Orzamento Municipal de 2008. Con este vehículo se completa o parque móvil do Concello no que a mantemento de alumeado público se refire. Unha cuadrilla de catro operarios se encargan a diario de realizar tarefas de mantemento do alumeado, especialmente na zona rural. Para elo, o novo furgón dispón dunha cesta elevadora que pode alcanzar os doce metros de altura, e que dispón dun pequeno taller de reparacións e ata dun xenerador eléctrico para emerxencias. Xoán Gato lembrou que en Narón existen máis de 100 kilómetros de pistas e estradas públicas que dependen do Concello, tanto no que se refire ó mantemento das mesmas coma do seu alumeado, motivo polo que se facía necesario o novo vehículo. O rexedor engadiu que o Concello leva a cabo dende fai oito anos un programa de aforro enerxético que permite controlar o gasto sen aumentalo, a pesar da apertura de novas rúas en zonas urbanas e rurais. O Alcalde incidíu na importancia das novas tecnoloxías para controlar o aforro enerxético, ademáis da sustitución de lámparas de mercurio por outras de sodio ou na instalación de reguladores de intensidade da luz nas farolas. Ademáis, Xoán Gato adiantou que o Concello levará a cabo proximamente un proceso innovador para controlar por ordenador os fluxos de consumo en distintos puntos de Narón, co fin de establecer qué zonas precisan de maior ou menor enerxía. “Imos levar a cabo unha estadística de consumo, que permitirá reducir ou aumentar a intensidade do alumeado dende as propias instalacións municipais”, asegurou. Ademáis de aforrar enerxía, Xoán Gato lembrou que coa concesión dun parque eólico de 3 megavatios en Sedes “recibiremos un canon da empresa que o explotará que duplica o gasto eléctrico do propio Concello”, declarou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal