Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO RESPALDA A CAMPAÑA "EMERXENCIA FEMINISTA" E ILUMINARÁ DE COR MALVA O EXTERIOR DO PAZO DA CULTURA E A GLORIETA DE FREIXEIRO
O CONCELLO RESPALDA A CAMPAÑA
A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, explicou que o Pazo iluminarase na noite do venres, día 20, e a rotonda durante toda a fin de semana para sumarse ás reivindicacións da campaña sobre a loita contra a violencia de xénero
Narón, 19 de setembro de 2019. A Comisión de Desenvolvemento da Actividade Social e Igualdade ditaminou por unanimidade a favor da adhesión do Concello á campaña Emerxencia Feminista, promovida por diferentes organizacións de mulleres e a través da que se impulsan accións en todo o país para o vindeiro venres, día 20. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, avanzou que na cidade se procederá a iluminar de cor malva o exterior do Pazo da Cultura entre as 21.00 e as 00.00 horas do venres e durante toda a fin de semana pola noite tamén a glorieta de Freixeiro.
“A través desta campaña sumámonos ao respaldo de tódalas accións encamiñadas a erradicar os asasinatos machistas e calquera outro tipo de violencia contra as mulleres, ao tempo que urximos medidas e recursos para a loita contra esta lacra social, a violencia de xénero”, explicou Gómez.
A edil naronesa recordou que dende o Concello se impulsan ao longo do ano campañas e programas contra a violencia de xénero entre diferentes colectivos, “unhas iniciativas que continuaremos respaldando porque é primordial que dende todas as administracións aunemos forzas para loitar contra a violencia de xénero”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal