Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DE "MANEXO DE MÓBIL INTELIXENTE" ORGANIZADOS POLO CONCELLO
A concelleira de Benestar Social e Participación Cidadá, Catalina García, presentou hoxe os obradoiros, que se impartirán entre os meses de outubro e decembro deste ano
Narón, 23 de setembro de 2019. A concelleira de Benestar Social e Participación Cidadá, Catalina García, presentou esta mañá os obradoiros de Manexo de móbil intelixente organizados polo Concello e destinados a persoas maiores de 60 anos empadroadas en Narón. A edil explicou que se impartirán un total de catorce cursos nos barrios e parroquias da cidade, debendo formarse grupos dun mínimo de oito persoas e un máximo de quince. “Esperamos que todos os barrios e parroquias consigan facer eses grupos para facilitar aos nosos maiores o manexo destas novas tecnoloxías e nos barrios ou parroquias con máis dunha entidade o curso impartirase donde a actividade teña maior demanda”, explicou. As clases comezarán o vindeiro mes de outubro e rematarán en decembro deste ano, organizándose sesións de dúas horas semanais, tal e como indicou García. En Castro a actividade programouse para os luns de 11.30 a 13.30; en San Xiao os martes, tamén de 11.30 a 13.30; en San Mateo, os martes de 9.15 a 11.15; en Sedes os mércores de 9.15 a 11.15; no Val, os mércores de 11.30 a 13.30; en Xuvia os luns de 16.00 a 18.00; en Pedroso os luns de 18.15 a 20.15; en Freixeiro os venres de 9.15 a 11.15; en Santa Icía os venres de 11.30 a 13.30; no Alto os xoves de 9.15 a 11.15; en Doso os mércores de 16.00 a 18.00; no Couto os mércores de 18.15 a 20.15 e na Gándara os luns de 9.00 a 11.00 horas. A concelleira naronesa explicou que todos os centros cívicos sociais e de persoas maiores da cidade, donde deben realizarse as inscricións, dispoñen do material correspondente a estes obradoiros, donde lles poden facilitar toda a información precisa sobre os mesmos. “Animamos a toda a veciñanza de Narón e ás entidades a que se inscriban e se poñan ao día coas redes sociais, Whatshapp e estean ao día coas novas tecnoloxías porque non queremos que ninguén, e moito menos os nosos maiores, se queden atrás”, asegurou García.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal