Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ARQUIVO MUNICIPAL DISPÓN DUN NOVO SISTEMA DE COMPACTACIÓN DOS SEUS FONDOS
O ARQUIVO MUNICIPAL DISPÓN DUN NOVO SISTEMA DE COMPACTACIÓN DOS SEUS FONDOS
A colocación de armarios móviles permite gañar espacio e axilidade nas dependencias do Concello.
Narón, 12 de xaneiro de 2009.- As concelleiras do goberno local Angeles Díaz e Paloma González Cuevas presentaron hoxe ós medios de comunicación o novo método de compactación do arquivo municipal, que permitirá aforrar espacio e gañar en funcionalidade. Trátase dun sistema de armarios móviles que se desprazan a través de raíles, co que tamén se consigue “mellorar a conservación dos documentos e facilitar o traballo dos arquiveiros”, sinalou a primeira Tenente de Alcalde, Angeles Díaz.

Neste proxecto se invertiron un total de 80.000 euros, financiado a partes iguais entre o Concello de Narón e a Consellería de Cultura da Xunta. A Concelleira de Protocolo –de quen depende o Arquivo-, Paloma González, destacou a importancia desta nova instalación xa que o arquivo estaba practicamente colapsado debido á grande cantidade de documentos –perto de 12.000 expedientes- que se almacenaban neste lugar, situado no sótano do Concello.

Esta actuación permitiu dispor de 1.500 metros lineais de baldas en 100 metros cadrados, e nos vindeiros meses se completará coa habilitación dunha sala de lectura e o cambio da iluminación para mellorar a consulta dos expedientes.

A Edil de Protocolo explicou tamén que o Concello mantén contacto coa Facultade de Biblioteconomía e Documentación para que os alumnos poidan realizar prácticas non laborais no Arquivo. “Estamos intentando que todos os estudiantes que o desexen, poidan venir a votarnos unha man porque temos que pasar toda a documentación a definitiva”, sinalou Paloma González respecto ós expedientes que aínda están sen clasificar.

Na actualidade estase a levar a cabo un proceso de modernización dixital do Arquivo, a través do programa informático Albalá. O software permite almacenar toda a documentación do arquivo nun sistema informático, que nun futuro estará disponible en Internet para que os cidadáns poidan consultar os fondos documentais sen necesidade de desprazarse ata o Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal