O CONCELLO INFORMA DUN CORTE TEMPORAL DO SUBMINISTRO DE AUGA NAS PARROQUIAS DE SAN MATEO E O VAL
A medida farase efectiva dende as 20.00 horas deste venres, día 27, ata a mañá do sábado 28, ás 8.00, debido á necesidade de realizar labores de mantemento no depósito de abastecemento
Narón, 25 de setembro de 2019. A empresa concesionaria do servizo de abastecemento de Narón, Cosma, procederá a efectuar labores de mantemento do depósito de abastecemento que afectarán ás parroquias de San Mateo e O Val desde as 20.00 horas do venres 27 ata as 8.00 horas da mañá do sábado 28.
Dende o Concello solicitáronse desculpas con antelación polas molestias que esta medida poida ocasionar.