Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
AXENTES DA POLICÍA LOCAL E TRABALLADORAS SOCIAIS DO CONCELLO ASISTIRON A UN CURSO DE "INTERVENCIÓN POLICIAL EN VIOLENCIA DE XÉNERO"
AXENTES DA POLICÍA LOCAL E TRABALLADORAS SOCIAIS DO CONCELLO ASISTIRON A UN CURSO DE
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, destacou a importancia do papel formativo en materia de violencia de xénero para prestar una correcta atención ás vítimas
Narón, 27 de setembro de 2019. Un total de dezaseis axentes da Policía Local de Narón e tres traballadoras sociais do Concello asistiron o pasado mércores e onte a un curso de "Intervención policial en violencia de xénero" que se impartiu nas instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón, no polígono de Río do Pozo. A Academia Galega de Seguridade Pública as pautas e os protocolos establecidos para estas situacións que lamentablemente organizou esta convocatoria. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, destacou a importancia que ten este tipo de formación “en canto que permite ofrecer uns coñecementos de gran utilidade á hora de actuar ante situacións de violencia de xénero, atendendo ás vítimas seguindo se producen na nosa sociedade”.
A perspectiva de xénero, os delitos en violencia de xénero, a atención psicolóxica á vítima da violencia e a intervención policial en violencia de xénero foron os contidos abordados nas sesións, que se impartiron en horario de mañá e tarde.
O obxectivo deste curso é, tal e como indicaron dende a organización, adquirir coñecementos básicos sobre o tratamento policial das vítimas de violencia de xénero, ao tempo que sobre os protocolos de actuación policial na materia e reforzar a formación nesta área dos efectivos policiais de tódolos Corpos de Policías Locais de Galicia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal