Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS OFRECE UN ESPAZO PARA A EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE ARTISTAS CONSAGRADOS E NOVEIS
A concelleira de Benestar Social Catalina García, desprazouse ás instalacións municipais para ver unha mostra do artista Regino Molina
Narón, 27 de setembro de 2019. O artista Regino Molina, nado en Badajoz e residente no veciño municipio de Ferrol, expón estes días parte do seu traballo pictórico no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazouse ás citadas instalacións municipais para compartir un tempo co pintor e ver as obras que forman parte da súa mostra, integrada nesta ocasión por vinte e catro cadros de diferentes temáticas. Molina contoulle a García, a modo anecdótico, que a súa nai sempre recordaba que, de neno, nas clases de debuxo, “o mestre sempre lle poñía un once de nota, porque era xa excepcional”. Na actualidade o artista imparte tamén clases de pintura. A concelleira de Benestar Social explicou que a exposición de Regino Molina é unha das que se programarán no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros ao longo do ano, e avanzou que xa hai outra prevista en outubro. “Quero animar á xente a que acuda a ver os cadros deste artista e tamén felicitar a este centro por impulsar esta iniciativa, a través da que se permitirá a artistas consagrados e noveis expoñer os seus traballos”. García animou ás persoas interesadas a informarse nas propias instalacións sobre esa posibilidade “para dispoñer dun espazo municipal no que expoñer as súas obras e sen ter que afrontar gasto algún, o que representa unha moi boa oportunidade para dar a coñecer o traballo que realiza moita xente da nosa cidade e tamén doutros concellos da comarca”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal