Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PLENO APROBA OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO 2009
O PLENO APROBA OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO 2009
Ascenden a 31,4 millóns de euros, dos que case un 20% son inversións directas
Narón, 16 de xaneiro de 2009.- O Concello de Narón acolleu esta mañá un Pleno Extraordinario no que se aprobaron os Orzamentos Municipais do 2009, que ascenden a 31.434.336 euros. Os votos a favor dos grupos de goberno (TEGA e PP) fixeron posible este trámite, coa abstención do PSOE e o voto contrario do BNG. O Concelleiro de Facenda, Xose Manuel Blanco, calificou estos orzamentos coma “continuistas, e baseados nos ingresos reais que ten o concello de Narón”, dixo. Blanco lembrou que as distintas administracións “non nos regalan nada, tan só invirten aquí o que lles corresponde polas súas obrigas legais”.

A portavoz do PP, Angeles Díaz, tamén se manifestou na mesma liña destacando que na elaboración dos orzamentos “houbo control e moderación”. O Alcalde de Narón, Xoán Gato, engadiu que os presupostos “están feitos polo alcalde, e para elo entendo o Concello coma unha empresa de carácter social”, dixo.

Case un 20% do total do presuposto adícase a inversións (6.235.829 euros) mentres que unha cantidade similar (22,76%) está destiñada a gastos de persoal. O mantemento dos servizos públicos supón o gasto do 40,95%, o que se traduce en 12.873.521 euros.

A inversión total que o Concello de Narón executará durante este 2009 é de 15.639.925 euros xa que á cantidade citada anteriormente hai que sumarlle o Fondo de Inversión Local (6.413.564 €), o superavit do 2008, que se incorporará a este novo orzamento (1.500.000 € ), e a inversión da empresa mixta de augas COSMA (1.490.532 €). En total, estas cifras e a anterior suman 15.639.925 euros e supoñen un incremento da inversión dun 88,88% con respecto ó ano pasado.

O capítulo da débeda pública é un dos máis reducidos, xa que representa tan só un 3,29% do orzamento (1.035.600 euros) a pesares de que a lei permite ós concellos chegar ata o 15% do seu presuposto total.

Os Orzamentos do 2009 complétanse cos capítulos de gastos correntes (12.873.521 € , que son un 40,95% do total), persoal (7.153.379€ e o 22,76%), e transferencias correntes (3.444.407€ e o 10,96%). Forman parte deste último apartado os gastos do convenio co Parque de Bomberos de Ferrol (que ascende a 530.000 €) e o orzamento do Padroado de Cultura (un 40% do total deste capítulo). Outros capítulos son o de débeda (534.300€ ), transferencias de capital (107.300€ ), e financiación (50.000 €).


PROXECTOS DE INVERSIÓN MUNICIPAL

No capítulo de inversións, cifrado en máis de seis millóns de euros, destacan as obras do Plan Feder por valor de máis de tres millóns de euros. Inclúense aquí a construcción dun novo pavillón polideportivo en A Solaina (presupostado en 900.000 € ), un novo edificio no parque da natureza Aldeanova (800.000 € , e que inclúe aulas, cafetería e planetario), e a climatización do Pazo da Cultura (300.000€ ).

Outras inversións previstas polo Concello para este ano son a merca de patrimonio público (500.000 € ), adquisición do muiño de Xuvia (341.000€ ), reurbanización do Polígono de As Lagoas (851.843€ ), e adquisición de pantallas dixitais de publicidade e redes wiffi (200.000€ ).




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal