Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMPLÍA ATA O 11 DE OUTUBRO O PRAZO PARA PRESENTAR IMAXES AO "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou que as persoas interesadas en participar disponen de prazo ata o 11 de outubro para presentar ás imaxes no Concello
Narón, 30 de setembro de 2019. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou esta mañá a ampliación do prazo para presentar imaxes á décima edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. As persoas que desexen participar poderán entregalas no Rexistro do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas-. “Con esta ampliación do prazo queremos dar a oportunidade a máis xente para que opte aos premios que se repartirán neste certame, valorados, en conxunto, en 1.200 euros”, apuntou Hermida. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías nas que se amose a riqueza de Narón, podendo destacar diferentes ámbitos da mesma, tal e como recordou a edil naronesa. A área humana e social (deportes, industria, festas populares…), espazos naturais de interese, culturais, de lecer, patrimonio… forman parte das posibilidades á hora de realizar esas imaxes coas que presentarse ao certame. Un dos requisitos imprescindibles é que o lugar ou entorno que se vexa na fotografía sexa plenamente identificable como o termo municipal naronés. Un xurado especializado en fotografía encargarase de puntuar cada unha das presentadas, e a que logre a maior puntuación obterá un premio de 750 euros; a segunda mellor valorada 300 e a terceira 150 euros. Estas tres imaxes, xunto coas outras nove mellor puntuadas, pasarán a ilustrar o calendario de sobremesa que editará o Concello de Narón para o ano 2020. As bases ao completo do certame poden consultarse na páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-X-Concurso-Fotografía.pdf. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión: 1517) ou escribir ao enderezo electrónico: a.fernandez@naron.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal