Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN OBRADOIROS DE "ROBÓTICA EDUCATIVA"
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN OBRADOIROS DE
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que os obradoiros diríxense a menores de entre 8 e 14 anos escolarizados en Narón
Narón, 1 de outubro de 2019. A Concellería de Ensino, dirixida pola edil Mercedes Taibo, convoca dous obradoiros de Robótica educativa, integrados no Programa Municipal de Educación Extraescolar (Promedex). As iniciativas, tal e como explicou a edil responsable da área, ofertan un total de trinta prazas, dez delas para nenas e nenos de 12 a 14 anos e as vinte restantes para menores de entre 8 e 11 anos escolarizados en centros de ensino de Narón. As persoas interesadas en anotarse poden facelo dende hoxe, e ata esgotar prazas, a través da Sede Electrónica do Concello, no Rexistro municipal –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas- ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015 di 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As sesións impartiranse entre os meses de outubro e maio nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara.
No caso do obradoiro dirixido a menores de 8 a 11 anos, formaranse dous grupos (de dez persoas cada un), un deles reunirase os luns, de 16.00 a 17.30 horas, e outro tamén os luns, pero entre as 17.30 e as 19.00 horas. O obradoiro dirixido a nenas e nenos de 12 a 14 anos será os mércores de 17.30 a 19.00 horas. A través destas convocatorias presentarase aos nenos e nenas a tecnoloxía dun xeito lúdico, aprendendo a través do xogo. Entre os contidos a abordar en ambos obradoiros están: a construción e programación de robots utilizando sistemas de Lego Wedo 2.0 e Lego EV3; resolución de problemas de programación, superación de retos de construción e programación e iniciación no Arduino a través de Makeblock.
A tarifa establecida é de 8,15 euros ao mes, a reguladora da taxa polos servizos prestados dende o Servizo Sociocomunitario de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal