Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA NO "IV ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA VIRUTAS" QUE SE CELEBRARÁ ESTA FIN DE SEMANA
O portavoz de Terra Galega, Román Romero, presentou o evento xunto co presidente da Asociación de Torneiros da Madeira "Virutas", Adolfo Mira
Narón, 1 de outubro de 2019. A cuarta edición do Encontro de Torneiros da Madeira “Virutas” terá lugar esta fin de semana nas instalacións de Canaima (Camiño de Basanta, Ferrol). O portavoz de TEGA, Román Romero, presentou o evento xunto con Adolfo Mira, presidente da Asociación de Torneiros da Madeira “Virutas”. A programación deseñada para o sábado e o domingo inclúe multitude de propostas, como torneado en directo, talla de madeira, música e exposicións, entre outras. Na xornada do sábado o Encontro dará comezo ás 10.00, con torneado en directo a cargo de profesionais da Asociación de Amigos da Madeira Virutas, de As Pontes, e da Asociación Virutas, e de talla, coa AVV de Maniños, que amosarán cómo realizan o seu traballo ata as 14.00 horas. A música cobrará tamén protagonismo ao mediodía, e ás 13.00 horas actuará o grupo tradicional Aghaspalleiros, de Narón para, sobre as 13.30 horas, proceder ao sorteo de varias pezas torneadas e entre as 14.00 e as 16.00 horas facer un descanso para o xantar. Pola tarde, entre as 16.00 e as 19.45 horas, un grupo de torneiros realizará, cada hora, diferentes pezas con madeira, atendendo en todo momento ás dúbidas ou preguntas que queiran plantexar os asistentes ao Encontro. Entre as 19.45 e as 20.00 sortearanse de novo pezas torneadas e a xornada rematará ás 20.00 horas. O domingo día 6 o Encontro desenvolverase únicamente en horario de mañá. Dende as 10.00 ata as 13.00 horas os torneiros realizarán distintas pezas, interactuando cos asistentes e ás 13.00 horas actuará a recoñecida gaiteira María López Carballo, tamén naronesa e gañadora do premio MaccCrimmon no Festival Intercéltico de Lorient, este mesmo ano, en Francia. Ás 13.30 sortearanse pezas torneadas e sobre as 13.45 a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, encargarase de clausurar esta cuarta edición do Encontro de Torneiros da Madeira “Virutas”. Así mesmo, tal e como avanzou Adolfo Mira, tanto na xornada do sábado como o domingo haberá exposicións permanentes de pezas torneadas e de talla, outra da firma TiraHilos (con labores creativas, artesanía en alfombras, patchwork, palillado –o domingo haberá unha demostración de palilleiras en directo- e tamén do obradoiro de gaitas Marcos García. A maiores, terá lugar unha exposición e venda de ferramentas, maquinaria e libraría, a cargo da Ferretería Canaima (que exporá a cortadora e grabadora Láser CNC OKU) e tamén participará no evento, o domingo, a asociación Can de Palleiro. As persoas que o desexen poderán comer tamén nun establecemento que se instalará para a ocasión na zona, cun menú a un prezo de 15 euros. O concelleiro naronés animou á veciñanza a acudir a este evento "para ver o gran traballo que tanto a nivel de torneado como de talla se realiza en Narón e noutros concellos e tamén desfrutar da música e das exposicións durante toda a fin de semana"

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal