Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBROU O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES CUNHA HOMENAXE A UNHA VECIÑA CENTENARIA E UNHA VISITA AO CENTRO COMUNITARIO INTEGRADO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, e a concelleira de Benestar Social, Catalina García, participaron esta mañá nos actos
Narón, 1 de outubro de 2019. O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e a concelleira de Benestar Social, Catalina García, participaron esta mañá nos actos do Día Internacional das persoas maiores, que se conmemora hoxe. A primeira das citas foi nas instalacións da residencia San José Obrero, de Piñeiros, donde García felicitou a María del Carmen Lafuente Varela, que cumpriu cen anos o pasado 6 de febreiro. A centenaria agradeceu a visita da edil naronesa e contoulle, acompañada de persoal do centro e outras residentes, que ten un fillo e unha filla que viven en Madrid, cinco netos e catro bisnetos. Ela reside en Piñeiros dende hai dezaseis anos, tal e como recordou. María del Carmen Lafuente explicoulle a García que o segredo de atoparse tan ben á súa idade é “comer de todo e usar xabrón Lagarto en vez de poñerme cremas”. A homenaxeada casou moi nova, aos dezanove anos e o seu home foi Tenente de navío, polo que como ela mesma relatou, tivo unha vida “moi viaxeira”. O que máis lle gustaba de nova era bailar nas festas. Na actualidade, María del Carmen acode cada día a clases de debuxo e manualidades na residencia San José Obrero. Xunto a Catalina García repasou parte das súas vivencias na época da guerra e posguerra. Finalmente, a edil naronesa regaloulle unha pranta que a centenaria agradeceu. A continuación, García desprazouse con Guillermo Sánchez Fojo ao Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, donde agasallaron aos maiores do centro cunha flor e conversaron animadamente con eles sobre numerosos aspectos da súa vida. “Todos os días do ano son os días dos maiores e á súa loita e ao seu traballo debemos todo o que temos hoxe”, asegurou García. A concelleira destacou que “os nosos maiores continúan sendo un pozo de sabedoría e podemos aprender moito da súa experiencia”, ao tempo que fixo un chamamento á sociedade para que “os maiores teñan o mellor que lles podemos dar e, qué mellor que o respecto e telos en conta á hora de seguir debuxando a nosa sociedade”. O alcalde accidental de Narón coincidiu con García en salientar a excelente acollida que lles brindaron os maiores e recalcou tamén o importante papel que xogan todas e todos eles na nosa sociedade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal