Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS "REFORZATIC" E "PREMENOR" DIRIXIDOS A ALUMNADO DO MUNICIPIO
As concelleiras de Ensino, Mercedes Taibo, e Benestar Social, Catalina García, presentaron esta mañá estas dúas propostas, ambas de balde
Narón, 2 de outubro de 2019. As concelleiras de Ensino, Mercedes Taibo, e Benestar Social, Catalina García, presentaron esta mañá no Concello dous novos obradoiros municipais, ambos de balde: o de “Reforzo educativo a través das novas tecnoloxías (Reforzatic)” e o de “Atención social preventiva de menores en risco de exclusión social (Premenor)”, este último unha das novidades deste ano. García explicou que o obradoiro "Premenor" se dirixe a alumnado de centros educativos de Narón que cursen ESO ou FPBI, que serán derivados polo Servizo Sociocomunitario de Narón. En total haberá corenta prazas para catro grupos (dez persoas en cada grupo), tres na zona urbana que se impartirán na Casa da Mocidade e un na zona rural, no Centro Cívico Social de Sedes. As sesións da zona urbana serán os luns de 16.30 a 18.30 e dende as 18.30 ata as 20.30 e os xoves de 18.00 a 20.00 e as do rural os mércores de 16.30 a 18.30 horas. “Entre este mes e maio do vindeiro ano as persoas que acudan terán a oportunidade de potenciar todas as súas capacidades de cara a acadar a plena inserción e integración e tamén para participar na vida social e persoal”, indicou García, que destacou a importancia de “mellorar as súas relación familiares, a súa autoestima e hábitos de vida”. Para acadar os obxectivos deste obradoiro abordaranse contidos como o apoio escolar, a activación saudable, actividades de lecer e tempo libre, educación en habilidades sociais e apoio, orientación e intervención familiar. En canto ao obradoiro "Reforzatic", a concelleira de Ensino explicou que se ofertan sesenta prazas (dez por grupo) para alumnado escolarizado en centros de ensino de Narón que cursen educación Primaria e derivado polos departamentos de Orientación dos propios centros, tendo preferencia o alumnado de colexios públicos. Tamén entre este mes e maio de 2020 impartiranse as sesións nos centros de ensino ou instalacións municipais, dúas horas á semana por cada grupo que se acordarán cos propios centros e as familias. Apoio escolar, educación en habilidades sociais e uso de novas tecnoloxías para obtención e tratamento da información son os temas que se abordarán nas sesións. “O alumnado terá a oportunidade de concienciarse sobre a importancia do uso responsable das novas tecnoloxías da comunicación e da información e tamén poderá contar cun reforzo na aprendizaxe de áreas como lingua ou matemáticas, con dinámicas e exercicios grupais de comprensión, síntese e cálculo dirixido a educación primaria”, tal e como avanzou Mercedes Taibo. As solicitudes para estes obradoiros poden presentarse a partir de hoxe na Sede Electrónica do Concello, no Rexistro do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30- ou por calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1111, 1108 e 1109) ou dirixirse ao Servizo Sociocomunitario municipal, no primeiro andar do Concello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal