Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA DOUS OBRADOIROS PARA ELABORAR OS ELEMENTOS COS QUE SE DECORARÁ A CARPA DO "DÍA DA BIBLIOTECA"
O CONCELLO CONVOCA DOUS OBRADOIROS PARA ELABORAR OS ELEMENTOS COS QUE SE DECORARÁ A CARPA DO
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que as actividades se desenvolverán este sábado nas instalación da Biblioteca e o día 8 deste mes na Axencia de Lectura da Gándara
Narón, 3 de outubro de 2019. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a celebración dun obradoiro de decoración para conmemorar o "Día da Biblioteca". Esta actividade terá lugar o sábado, día 5, nas instalacións da Biblioteca municipal entre as 10.30 e as 12.30 horas e o martes 8 de outubro na Axencia de Lectura da Gándara (Casa da Mocidade), de 17.00 a 19.00 horas, tal e como avanzou a edil naronesa. “As persoas que desexen participar teñen que acudir nesas xornadas ás citadas instalacións, ao non ser preciso inscribirse previamente, para poder entre todas e todos elaborar a decoración da carpa coa que se celebrará o "Día Internacional da Biblioteca", que se conmemora cada 24 de outubro”, explicou Taibo.
A temática principal das celebracións deste ano, indicou, será o coidado e a protección do medio ambiente, polo que os elementos decorativos que se realizarán xirarán en torno a esta temática e elaboraranse con materiais de refugallo. Os menores que acudan deberán estar acompañados por unha persoa adulta mentres se realicen os citados obradoiros de decoración, podendo chegar e marchar cando o consideren oportuno, dentro do horario establecido para a actividade.
A edil de Bibliotecas avanzou que, a falta de presentar en breve a programación coa que se conmemorará o Día da Biblioteca, a festa máis grande será o día 19 deste mes, cando se instalará unha gran carpa na Praza de Galicia, donde se sucederán diferentes actividades dirixidas a persoas de tódalas idades.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal