Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL FERROL, EUME E ORTEGAL NOS ACTOS PROGRAMADOS CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL FERROL, EUME E ORTEGAL NOS ACTOS PROGRAMADOS CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, presentou os actos coa presidenta e o vicepresidente da asociación, Divina Ameneiro e José Mauriz, respectivamente
Narón, 7 de outubro de 2019. O Concello conmemorará o vindeiro 10 de outubro o Día Mundial da Saúde Mental. O edil de Sanidade, Santiago Galego, presentou os actos acompañado por Divina Ameneiro, directora da Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, e José Mauriz, vicepresidente da citada entidade. O tema elixido este ano a nivel mundial para conmemorar esta data é o suicidio, considerado pola OMS, tal e como indicaron dende a entidade, “un dos problemas máis graves de saúde pública que debe ser atendido de forma prioritaria”. Con este obxectivo e baixo o lema “Conect@ coa vida”, tal e como indicou Galego, levaranse a cabo diversas accións en Galicia para chamar a atención sobre esta realidade e incidir na necesidade de traballar na visibilización e na prevención do suicidio. “Considerado pola OMS como un dos problemas máis graves de saúde pública e que debe ser atendido de forma prioritaria por ser un importante problema sanitario en Galicia”, apuntou Galego, que incidiu na importancia de traballar na visibilización, sensibilización e prevención do suicidio, sendo Galicia a segunda comunidade de España con maior taxa de suicidio, despois de Asturias”.
A presidenta da asociación explicou que o vindeiro xoves terá lugar en Narón a lectura dun manifesto, no que a maiores de representantes do goberno local participarán Félix Pena, presidente da Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, e Antonio Núñez, xefe de Psiquiatría da Área Sanitaria de Ferrol, xunto con usuarios e usuarias da asociación. O acto de lectura terá lugar no parque do Río Freixeiro, ás 10.00 horas.
Na xornada do Día Mundial da Saúde Mental tamén haberá, explicou Divina Ameneiro, un obradoiro de elaboración de lá no CEIP da Barqueira, en Cerdido, a partir das 10.00 horas, a cargo de usuarios e usuarias da entidade. Xa pola tarde, ás 17.30 horas, no Centro Ocupacional da asociación impartirase unha charla da asesoría xurídica de Saúde Mental Feafes Galicia, na que intervirán os asesores Rodrigo Blanco e Iván Sanmartín, que abordarán diversas cuestións vencelladas a aspectos legais da enfermidade mental.
A programación da entidade, con sede en Narón, para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental inclúe a maiores a celebración, con anterioridade ao 10 de outubro varios actos. O primeiro deles será un obradoiro de elaboración de lá mañá martes no IES Punta Candieira, en Cedeira, que se encargarán de impartir usuarios e usuarias da asociación a alumnado de segundo curso de ESO. Así mesmo, na xornada do mércores, día 9, no Concello de Cerdido terá lugar unha xornada de divulgación, exposición e venda de obxectos realizados nos talleres ocupacionais da asociación.
O programa conmemorativo do Día Mundial da Saúde Mental rematará o venres 11, coa celebración dun magosto cos usuarios e usuarias dos Centros de Rehabilitación e Ocupacional da Asociación.
A maiores, no marco desta campaña habilitouse a web: conectacoavidagalicia.org, unha web con información sobre o suicidio e que facilita consellos para a súa abordaxe. A difusión a través das redes sociais farase a través do hashtag #conectacoavida, animando aos internautas a compartir fotografías nas que lle dean unha aperta a outra persoa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal