Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA O PAGO DE LIQUIDACIÓNS DE ACOMETIDAS PARA ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NO RURAL
O Concello destina unha partida máxima de 80.000 euros a estas subvencións que se poderán solicitar nun prazo de quince días hábiles contados a partir de mañá, 8 de outubro
Narón, 7 de outubro de 2019. O Concello abrirá mañá martes o prazo de solicitude de axudas para o pago das liquidacións tributarias de acometidas para abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros na zona rural. Así se recolle no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe, no que se estipulan tanto as condicións destas axudas como os requisitos para optar ás mesmas. O Concello destinará unha partida máxima de 80.000 euros a estas subvencións, destinándose ás acometidas realizadas con posteridade ao remate do prazo de solicitude de axudas convocadas dende o ano 2013 ata o último día do prazo de solicitude deste ano en novos tramos das parroquias de Castro, San Xiao, O Val, Pedroso, San Mateo e Sedes, así como nos tramos de núcleo rural próximos á zona urbana: lugares de As Cobas, Cornido e Outeiro. Así mesmo, subvencionaranse as obras de acometidas que estando rematadas dentro do prazo de solicitude das axudas da convocatoria de 2013 se atoparan pendentes de recibir a notificación da liquidación tributaria do importe das citadas obras, ao remate do prazo de convocatoria. En canto aos destinatarios destas axudas, deben ser propietarios de vivendas con escasa capacidade económica que houberan satisfeito ou deberan satisfacer (se solicitaron ou teñen concedido o fraccionamento de pago) o importe das taxas xeradas para conectarse á rede de auga ou alcantarillado. Os solicitantes das axudas deben estar empadroados no Concello de Narón, na vivenda para a que solicitan a subvención, debendo ser esta a súa vivenda habitual e constar como tal. A través destas subvencións sufragarase en parte o custe das acometidas de abastecemento de auga e rede de sumidoiros na zona rural do Concello de Narón. As solicitudes poderán presentarse a través do modelo oficial do Concello xunto coa documentación correspondente na Sede Electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello durante un prazo de quince días hábiles, contados a partir de mañá. As persoas interesadas en recibir máis información poden consultar a Sede Electrónica do Concello, ou dirixirse ao Rexistro municipal ou ao Servizo Sociocomunitario –no primeiro andar do Consistorio-.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal