Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O INICIO DE OBRAS DE MELLORA DE ACCESIBILIDADE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL AFECTARÁ A VARIOS SERVIZOS A PARTIR DE MAÑÁ
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recalcou que durante a duración dos traballos se reforzará o horario do servizo da Axencia de Lectura municipal da Gándara, na Casa da Mocidade
Narón, 7 de outubro de 2019. A Biblioteca municipal de Narón será obxecto, a partir de mañá dunha serie de obras de mellora de accesibilidade que suporán un investimento de 39.083 euros. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, explicou que a intervención se cofinanciará a través dunha subvención da Consellería de Cultura e Turismo, por importe de 19.969 euros, destinada ao equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais. Os traballos a realizar, tal e como indicou a edil naronesa, consistirán na adaptación dos aseos existentes (habilitando un accesible no soto), das portas principais dos itinerarios accesibles e as de entrada da primeira planta (que terá un maior dimensionamento) e do soto, donde se localiza a Bebeteca, e mellorarase o sistema de iluminación das escaleiras da planta baixa. Así mesmo, modificarase a rampa de acceso dende o exterior ás citadas instalacións municipais. Taibo incidiu en que a execución destes traballos afectará aos servizos da Biblioteca municipal a partir de mañá. As instalacións, recalcou, manterán o seu horario de apertura habitual e o servizo de préstamo, pero tanto os servizos de sala de lectura e estudo como os de sala de informática e hemeroteca prestaranse en función de se os traballos o permiten en cada momento. Así mesmo, a planta soto, donde se localizan a sección infantil e a Bebeteca, permanecerá pechada ata novo aviso. E, ademais, na planta baixa da sala de adultos/as haberá unha selección de obras infantís para que os usuarios e usuarias poidan seguir utilizando o servizo de préstamo. O resto de materiais destas seccións estarán dispoñibles baixo demanda sempre e cando se soliciten con antelación, tal e como indicou a edil. Durante o tempo de execución destas obras –a previsión é que estean rematadas este mismo mes- a Axencia de Lectura municipal da Gándara, na Casa da Mocidade, reforzará o seu horario, abrindo de luns a venres entre as 16.00 e as 20.00 horas. Nas instalacións hai sala de lectura e de informática, biblioteca e servizo de préstamo, podendo acceder co carné da rede de bibliotecas. A concelleira de Bibliotecas solicitou de antemán desculpas aos usuarios e usuarias das instalacións polas molestias que se poidan ocasionar durante o tempo de execución dos traballos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal